Skip to Content

Alumnado de Historia da Filosofía de 2º Bacharelato conmemora o 25-N

Alumnado de Historia da Filosdofía 2º Bacharelato conta a viuolencia machista

O alumnado de 2º Bacharelato da materia de Historia da Filosofía co seu profesor Víctor González conmemoraron o 25-N cunha actividade na Biblioteca, aproveitando a exposición sobre os filósofos e filósofas que nestes días se atopa en dito espazo do noso centro. En palabras do profesor Víctor González: "É 25 N. Hoxe e sempre... ou nunca máis, esperemos, que será cando o machismo, en calquera das súas formas, teña rematado. Non é pouca cousa, e calquera esforzo será benvido, e aí están os filósof@s, botando unha man, Os vedes na foto? Aristóteles, Nietzsche, Simone de Beauvoir... están sorrindo. Acompañan a esa rapazada de 2 º de bacharelato que animou a mudanza. Si, mudaron os filósof@s a hospedaxe, e non porque lles fora ingrato o que tiñan, que xa estaban afeitos. Non, pero cando souberon que había loita xusta non dubidaron en arremangarse e arrimar o ombreiro, e aí están agora, pousando. Felices. Que gusto da velos, non si?
    O certo é que non sempre foi así, que gustaron moitos deles, desde sempre - con honrosas excepcións, todo hai que dicilo - o abrigo do poder, relixioso, político, cal fora. Liñas machistas teñen escrito (si, que si a época na que viviron... escusas), pero están redimidos, e aí están, defendendo a xusta loita das mulleres pola igualdade e o respecto. A dignidade.... Ai!, filósof@s, quen os vira e quen os ve!!. Rectificar é de sabios.
     Se pasades pola Biblioteca do IES de Valga os poderedes saudar, pero non esperedes moito, que saben doutras loitas onde tamén son necesarios, e xa non hai quen os pare. Os refuxiados, os inmigrantes, os parias...estanvos xa esperando. En fin. Se os filósof@s se arremagan, xa poden empezar a tremer os tiranos
      Un momento..., algo rosman os filósof@s... xa, queren agradecerlle a Daniel Rubines Llerena, de 3º ESO A, a Yago Castiñeiras Castro, Xavier Fontán González, Ximena Guerra Lestido e María Teles Vázquez de 4 ESO B, a Marta Castroagudín, Marta Guimarey, Sara Iglesias e Laura Ríos, así coma ao alumnado de 2º da bacharelato (Humanidades e Ciencias Sociais) a axuda na montaxe. É de xustiza... e a o compañeiro Jano, do departamento de Historia. Grazas
Como son estes filósof@s!!."
Filósofos e Filósofas contra o machismo 2021



page | by Dr. Radut