Skip to Content

CM Mecanizado Dual

Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos formativos, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais: Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo. Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto. Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar. Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

 

CM MECANIZADO

Que se aprende a facer?

Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformando procedementos especiais, preparando e programando as máquinas, operando con elas e verificando o produto obtido conforme ás especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

Que ámbitos se traballa?

En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e de equipamento mecánico, de material e de equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

Que ocupacións de desempeñan?

Torneiro/a, fresador/a, mandrinador/a, axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais, afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados.

Que posibilidades teño de acceder ao mercado laboral?

Este ciclo foi creado atendendo a demanada de profesionais das empresas da contorna, que precisan de especialistas en mecanizado para manteren e mesmo para aumentaren a súa produción. As posibilidades de conseguires un contrato de traballo ao rematares a túa formación son moi altas.

Módulos profesionais

Código

Módulos 1º curso

Horas totais módulo

FCE1

FEM2

MP0004

Fabricación por arranque de labra

400

107

293

MP008

Formación e orientación laboral

107

107

0

MP007

Interpretación Gráfica.

133

107

26

MP0001

Procesos de mecanizado

160

107

53

MP0005

Sistemas automatizados

160

107

53

TOTAL

 960

  535

425

 

Código

Módulos 2º curso

Horas totais módulo

FCE1

FEM2

MP0009

Empresa e iniciativa emprendedora

53

53

0

MP0003

Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado e por procesos especiais

140

53

87

MP0002

Mecanizado por control numérico

314

106

208

MP006

Metroloxía e ensaios.

123

90

33

TOTAL

 630

302

328

 

1FCE: Formación no centro de ensino.

2FEM: Formación na empresa.

Horario

A/o alumna/o está durante as mañás na empresa, e ás tardes no centro de ensino entre as 16h00 e as 19h40.

Empresas

Desde o primeiro mes, a/o alumna/o traballaría nunha destas empresas: Extrugasa, Exlabesa, Aluminios Cortizo, STAC, Thune Eureka, Maimbar, Gama e Hijos, Soluciones Metálicas Jamardo ou Mecanizados Oliveira.

Contacta connosco

Teléfono: 886 151 980

Correo electrónico: ies.valga@edu.xunta.gal



page | by Dr. Radut