O día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
“Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos,
porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é
que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así
facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
Desde a biblioteca propomos que se fomente a obra das escritoras en lingua galega e lingua castelá coa lectura de algúns dos fragmentos recollidos nos dous documentos anexados é que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Día_das_Escritoras_20.pdf | 709.72 KB |
Día de las escritoras 2020.pdf | 3.43 MB |