Skip to Content

Silvia Pérez de 2º Bacharelato segunda na X Olimpíada de Xeoloxía, fase galega

aAlumnado de 2º Bacharelato participante na X Olimpíada de Xeoloxía  Silvia Pérez, de 2º Bacharelato, segunda clasificada na X Olimpíada de Xeoloxía    O IES de Valga vén de participar con éxito,  hoxe mércores, 13 de febreiro, na X Olimpiada de Xeoloxía, organizada pola AEPECT de Galicia. As probas tiveron lugar na Facultade de Bioloxía. Temos que felicitar a nosa alumna de 2° de  Bacharelato Silvia Pérez Vidal por acadar o 2 ° premio individual, pasando deste xeito, á fase nacional, probas que se celebrarán en Cáceres o vindeiro 6 de abril. Parabéns!!! ao alumnado do noso centro participante nesta proba e de xeito moi especial a Silvia e tamén, por suposto, a súa profesora Ana Bueno.

 
   


page | by Dr. Radut