Skip to Content

Charla-coloquio sobre "Acoso Escolar" dentro da Rede Municipal de Convivencia

Charla sobre Ciberacoso 15 marzo 2018    A "Rede Municipal de Convivencia" organizou unha nova actividade o xoves 15 de marzo. Co título "Acoso escolar" tivo lugar, na Biblioteca do IES Valga, unha interesante charla-coloquio coa participación do responsable da Garda Civil da Comandancia de O Grove e a asistencia dunha trintena de membros da comunidade educativa do concello de Valga.

Lembrar que a "Rede Municipal de Convivencia de Valga" é unha organización da que forman parte o IES de Valga, a ANPA "Bella Otero", o CEIP de Baño-Xanza e a ANPA, o CEIP "Xesús Ferro Couselo" e a súa ANPA ademais dos Servizos Sociais do Concello de Valga.

 
   


page | by Dr. Radut