Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Bacharelato

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Representación de Medea (Festival de Teatro Grecolatino)

No Día Internacional do Teatro (27 de marzo) lembramos as representacións ás que asitimos a semana pasada. Entre elas, o mércores 22 de marzo, o alumnado de cultura clásica, latín e grego de varios niveis asistiu ás Xornadas de Teatro Grecolatino para disfrutar da representación de Medea  de Eurípides.
 
Blog: Lecturamos

Nós, feminino plural (actividades de marzo)

Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)

 

Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:

  • Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
         

    Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).

  • Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
  • Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
  • Martes 28: charla de colectivos "trans".

EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"

 

Comezo do campionato masculino de balomán

Recreos no pavillón

Campionato masculino de
BALONMÁN

Visita á UDC

O alumnado de bacharelato visitou hoxe a Universidade da Coruña (UDC). Cambiaron por un día os pupitres do instituto polo da Facultade de Educación (foto), de Dereito ou as instalacións do INEF. Foi unha longa xornada de orientación académica e profesional guiados polo Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante.

Comezo do campionato feminino de balomán

Recreos no pavillón

Campionato feminino de
BALONMÁN

Charla coloquio con exdeputadas/o do Parlamento de Galicia

Esa mañá o alumnado de bacharelato, 3.º e 4.º ESO asistiu á charla-coloquio con tres exdeputados do Parlamento de Galicia: Mª Dolores Faraldo Botana (PPdeG), Natividad González Laso (PSdG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Un dos obxectivos é dar a coñecer de preto o traballo da institución autonómica. Porén, as preguntas do alumnado e o coloquio sobre a actualidade sociopolítica completan a actividade.

Exposición Á violencia de xénero dille...NON

Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade

Ata o venres, no corredor principal do instituto

Tamén na rede:

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non

Recreos saudables (xaneiro)

Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.

O "menú" e prezos para este mes de xaneiro é a seguinte:

Resultados da elección ao Consello Escolar (29 de novembro)

Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.

PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS
Candidatos electos Domingo Rubianes
Amelia Sordo Pita
Suplentes José María Rumbo Prieto 

 

ALUMNADO
Candidatos electos Alba Pérez García
Diego López Rivera
Iago Rodríguez-Moldes Varela
Suplentes Miriam Rodríguez Martínez
Cristian Sánchez Rocha
Noa Canido González
Mayra Villar Veiga
Lara Rodrigues Silva

 

PROFESORADO
Candidatos electos David Martínez Millán
Carmen Meiriño González
 Rita Mª Fernández Anca
Telmo de Paz de Luis
Suplente José Barcia Díaz

 

PERSOAL NON DOCENTE
Candidatos electos Raquel Díaz Garrote
Suplente José Antonio Castro Guerra

 

Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días  perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

     

Seguimento da folga (24 de novembro)

A xornada de folga tivo un seguimento
no día de hoxe, 24 de novembro,
do 100% do alumnado.

Grata visita: TANIA VILAR

 

Tania Vilar foi unha alumna do IES que estudou Matemáticas. Na actualidade está a facer o Master de profesorado e moi prondo estará impartindo docencia.

Hoxe visitou o instituto e nos presentou un vídeo que ela realizou e que recomendamos pois é moi fermoso:

 

Tania contoulle ao alumnado de bacharelato cousas moi interesantes relacionadas cos estudos de Matemáticas e coa vida de estudante na Universidade.

¡Moitas grazas,Tania!, esperamos verte máis veces.

Na imaxe está Tania co alumnado de Matemáticas Aplicadas ás CC SS II de 2º de bacharelato.

Lección inaugural: "O valor do coñecemento"

 

Isabel Rodríguez-Moldes Rey, vicerreitora de investigación e innovación da USC, catedrática de Bioloxía molecular, de orixes mugardesas, impartiu a lección inaugural para o alumnado de bacharelato. Moitas grazas por esta lección de entusiamo e esforzo por acadar a felicidade do coñecemento. Salientamos, coa nosa orientadora Sientopiensosoy as seguintes mensaxes:

1. A importancia das aficcións que logo poden convertirse en vocacións e finalmente en profesións.

2. A reprogramación como resposta cando nos equivocamos. Non pasa nada se, por exemplo, scollemos unha titulación e logo nos damos conta de que non é o noso, sempre podemos reprogramarnos tal e como fan as células na natureza.

3. A importancia da familia,  das amizades e como non do profesorado que nos acompaña nisto de formarse e aprender.

4. O esforzo persoal e a ilusión para aprender, necesarias para cumprir metas (ollo, dependen dun mesmo/a)

English chat

Parlamento Xove (Bacharelato)

 Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou con dous equipos. Un formado por Tania García, Noelia Calvo, Raquel Pérez e Marica López, coordinado polo profesor de Lingua Castelá, Telmo de Luis. Outro equipo integrado por Cristina Fernández, Lupa Pérez, Alberto Pérez e Guillermo Gallego coordinado pola profesora de Filosofía, Ofelia Lubián. O tema desta edición era a seguinte pregunta: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozas e mozas?

Parabéns polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividade altamente formativa.

 

MÉTODOS ESTATÍSTICOS. Datos comparativos Ares-Mugardos

 Unha das primeiras tarefas na materia de Métodos Estatísticos é a de coñecer o funcionamento e principais informes que elaboran organismos  que emiten datos oficiais como o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), o INE (Instituto Nacional de Estatística) ou o IGE (Instituto Galego de Estatística).

Os alumnos, agrupados en parellas, teñen que elaborar un informe con datos do IGE dos concellos de Ares e Mugardos no que deben transformar os datos en táboas e gráficas e acompañalos dun comentario. 

Posteriormente cada informe preséntase aos demais compañeiros para que emitan a súa valoración tendo en conta dous aspectos: o traballo informático e o comentario.

Finalmente elaborase unha estatística simple con todas as valoracións para coñecer a puntuación media de cada traballo.

Presentamos nos documentos adxuntos os tres traballos mellor valorados, dos que son autores ás seguintes parellas de alumnas e alumnos:

* Inés Díaz e Marta Pérez

* Cintia Pérez e Sara Vázquez

* Carlos Bello e Nicolás Tabeayo

 

Estrea teatral de "Derrota en Kioto" (Os Dramáxicos)

O grupo de teatro Os Dramáxicos, formado por alumnado de 4º.ESO E 1º BAC, estreou este luns a obra titulada "Derrota en Kioto". Con guión orixinal do propio grupo e unha coidada posta en escena dirixida pola profesora Ofelia Lubián, presentaron a obra no marco do Certame de Teatro Candilejas. A representación tivo lugar no salón de actos do centro Calvo Sotelo da Coruña. A próxima actuación será no acto cultural fin de curso no noso instituto.

Parabéns a toda a compañía. Adiante co teatro.

Os Dramáxicos do IES de Mugardos

Despedida de 2.º Bacharelato

O pasado venres 22 de maio celebramos a tradicional despedida de 2.º bacharelato nas dúas modalidades científica e humanística que se imparten no centro. O acto, organizado polo propio alumnado coa presentación de Sergio Vila e as actuacións musicais de Javier Maceiras e Iria Regueiro. Ademaios contou coa intervención dos profesores titores Fran Canoura e Dina Asensio, asi coma o visionado das imaxes do paso polo centro e excursións dos alumnos. Tamén serviu como acto de entrega dos boletíns académicos e mención das dúas Matrículas de Honor concedidas este ano.

En todos os sentidos foi unha grande promoción pola súa excelencia académica e trato humano que deixa unha fonda pegada do seu paso polo instituto.

Parabéns, bachareis!!!

 

 

Distribuir contido