![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Libros de texto e material. Curso 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 01/07/2020 - 12:52RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2020-2021 | ||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. Libros dixitais Non é necesario adquirir un caderno para cada materia. |
|||||
2.º ESO | ||||||
3.º ESO | ![]() |
|
||||
4.º ESO | ||||||
1.º BAC | ||||||
2.º BAC |
05 Circular caso covid (20 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 23:02
04 Circular caso covid (15 de xaneiro)
Enviado por admin o Ven, 15/01/2021 - 20:08Admisión para o curso 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 14/01/2021 - 19:57Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición: 11 de xaneiro - 8 de febreiro
Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluídos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022. Vai dirixido ao alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP Unión Mugardesa e CEIP Santíago Apóstolo (Franza) que veña cursar 1º de ESO no noso centro; e para alumnado do CPI As Mirandas (Ares) e CPR Loyola, para vir estudar 1.º Bacharelato.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que achegamos e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado.
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, precisará de Chave365 ou certificado dixital. O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non estean a cursar estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.
22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 12:53Estimadas familias:
Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.
Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.
Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.
Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro.
Boas Festas e Mellor 2021.
Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)
Enviado por admin o Mér, 02/12/2020 - 11:41Campaña de recollida de alimentos non percedeiros
DATAS: do 1 ao 20 de decembro
LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas parroquiais
03 Circular caso covid (20 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 20/11/2020 - 14:31Resumo das programacións didácticas por materias (2020-2021)
Enviado por admin o Dom, 08/11/2020 - 20:4302 Circular caso covid (6 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 06/11/2020 - 11:41A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que ata o día de hoxe, 6 de novembro, están confirmados dous casos da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
01 Circular caso covid (3 de novembro)
Enviado por admin o Mar, 03/11/2020 - 15:02A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que hoxe, 3 de novembro, confirmouse un caso da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
Horario de atención a pais e nais (curso 2020-2021)
Enviado por admin o Ven, 09/10/2020 - 11:43
|
SOLICITUDE DE CITAS Solicitude de cita para atención de pais, nais ou titores/as legais - TELÉFONO 881 938 200. - Correo electrónico dos docentes. - AbalarMóbiles (só se o docente aceptou esta posibilidade na aplicación). A reunión realizarase de xeito telefónico ou videoconferencia o día e hora sinalado. Só de xeito excepcional por causas xustificadas poderá ser presencial. Neste caso, asistirá un só proxenitor/a coas medidas de seguridade habituais (sen síntomas compatibles coa covid, máscara e hixiene de mans).
XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS As faltas de asistencia do alumnado deberán ser documentadas polos pais, nais ou titores/as legais do mellor xeito que facilite a súa xustificación. Isto realízase principalmente mediante o impreso de xustificación que se entrega en consexaría ou na versión autoimprimible na web. Debese entregar ao profesor/a titor/a coa documentación pertinente. Os proxenitores tamén poden adiantar a solicitude de xustificación mediante a aplicación AbalarMóbiles. En última instancia é o profesor/a titor/a quen a acepta ou non.
As faltas motivadas pola situación de emerxencia sanitaria da covid, aceptaranse como xustificadas. Para o resto de consideracións sobre as faltas de carácter xustificables e protocolo de absentismo na ESO remitimos como
todos os anos ao anexo V das Normas de Organización e Funcionamento. Impreso de xustificación de faltas:
|
Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2020-2021
Enviado por admin o Dom, 27/09/2020 - 21:42Comunicacións ás familias:
Carta informativa do primeiro caso positivo.
