COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

       PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR CLASSROOM

 

Horarios e profesores______________________________[Despregable]

2.º Bacharelato

Profesores/as Programación

Titora- A
   Miguel Gil

Historia de España

Titor-B
   Telmo de Paz

Lingua castelá
Loli G. Parada Lingua Galega

Mikel Pasabant

Inglés

 

A     B
Begoña Gómez Matemáticas Aplicadas II     Begoña Gómez Matemáticas II
Rafael Lago Latín II     Félix Retuerto

Bioloxía

Mara Meiriño Economía de empresa     Marta Gozález Debuxo Técnico II
Begoña Allegue

Grego II

   

José Guillín

Física
David Martínez Xeografía     Química
Ofelia Lubián Historia da Filosofía     Diego Calvo Tecnoloxía Industrial II

 

Mara Meiriño Fundamentos de administración e xestión
Begoña Gómez Métodos estatísticos e numéricos
Olga Recio
Francés
Ofelia Lubián Psicoloxía
Olga Cabalar Linguaxe e práctica musical
Obradoiro de teatro
José Barcia TIC II

2ºBAC

Libros de texto e material. Curso 2020-2021

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2020-2021
1.º ESO

 Programa E-DIXGAL. Libros dixitais

Non é necesario adquirir un caderno para cada materia.
O uso de cadernos e a recomendación de contar cun arquivador
ou clasificador de aros será comunicado a comezo do curso.

2.º ESO
3.º ESO

 

 

4.º ESO
 
1.º BAC
2.º BAC

Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020

 

As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de PazO noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.

Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!

 

Fin de curso: 2.º Bacharelato

2.º Bacharelato

Martes, 9 de xuño (20:00 horas)
Publicación de cualificacións en AbalarMóbiles 
prevista a partir das 20:00 horas

 

Mércores, 10 de xuño   ABAU

Matrícula no centro
10-17 de xuño

Documentación

Calendario
Instrucións para a matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Taxas ABAU
Protocolo ABAU 2020
Horario das probas

10:00 horas
Entrega de boletíns de notas
2.º Bac. A: Salón de Actos
2.º Bac. B: Aula de Tecnoloxía

10:30 horas
Instrucións ABAU
Salón de Actos

 

RECLAMACIÓNS
10 e 11 de xuño (ata as 14:00 horas)
Cita cos docentes para consultas e revisión o día 11

 

ÚLTIMAS CLASES PREPARATORIAS - ABAU
Semana do 15 ao 19 de xuño

 

Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato

 Estimadas familias:

Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.  

Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo. 

Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención. 

O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade. 

No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.

O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.

Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.

En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.

 

Atentamente,

____________________________

 

Medidas de hixiene, seguridade e protección

 

2.º Bacharelato - Adaptación das programacións

Adaptación das programacións para o terceiro trimestre do curso 2019-2020

ESO   BACHARELATO   FPB   Adultos
1.º ESO 2.º ESO 3.º ESO 4.º ESO   1.º Bac 2.º Bac   FPB I   Nivel IV

 Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Pautas fin de curso

PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.

O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):

  • Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
  • Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
  • Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.

Outra información de interés:

·      Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.

·      O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!

Latín I e Latín II

Seguimos en contacto a través dos grupos privados de Whatsapp.

 

Traballo a distancia das materias Bioloxía, Anatomía e Cultura Científica impartidas por Félix Retuerto

Cada materia ten o seu grupo en Telegram. O profesor irá gravando e enviando vídeos coas explicacións e gráficas e esquemas correspondentes a cada lección.

 

Educación Física (Bacharelato)

1º- Bacharelato    2.º Bacharelato
Tarefas de reforzo e profundización no curso da aula virtual do IES Mugardos. Na espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El amor en los tiempos del cólera”. Nesta aula solicítanse tarefas que contribúen ao reforzo dos contidos do nivel educativo e á súa aplicación práctica.   Materiais formativos e de traballo no curso da aula virtual do IES Mugardos. Á espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El baile de la victoria”. Tarefa interdisciplinar con varias tarefas intermedias de entrega secuenciada, aplicable á situación actual.

https://classroom.google.com/u/0/h

 

MATEMÁTICAS APLICADAS I E II DE BACHARELATO E MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS DE 2º BAC

Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.

https://classroom.google.com/u/0/h

Ver titorial

Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:

rodriguez-moldes@edu.xunta.es

 

 

Inglés 2.º Bacharelato

Na aula virtual do instituto acharás os contidos e tarefas para estes días.

 A ligazón está na imaxe.

 Profesor: Mikel

O alumnado entra como convidado

Distribuir contido