Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos. As achegas poden depositarse na mesa situada diante das oficinas do instituto antes do 20 de decembro. Moitas grazas!
O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e tamén na ensinanza académica.
1)Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...) 2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións. 3) Individual e silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta. 4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura.