Skip to Content

Información Fondo Solidario Libros de texto 2º, 3º e 4º ESO

Libros de 2º ESO:
mércores 07 de outubro repartiranse os libros de texto do fondo solidario ao alumando de 2º da ESO
Os libros deben ser recollidos pola persoa solicitante. De non ser así, presentarán unha autorización asinada acompañada da copia do DNI do solicitante.
horario de recollida é de 16:00 a 19:30h.
 
Libros de 3º e 4º ESO: Os libros de texto do fondo solidario entregaranse ao alumnado correspondente, previa autorización asinada polas familias, e en canto dispoñamos de todos os exemplares. Mandaremos un aviso pola plataforma Abalar.
 
Fondo libros da ANPA: Poderanse recoller os libros de texto da ANPA de 2º, 3º, 4 º de ESO e Bacharelato, o mércores 07 de outrubro de 16:00 a 19:30h.

Aviso importante do fondo solidario de libros de texto

mércores 30 de setembro repartiranse os libros de texto do fondo solidario ao alumando de 1º da ESO
Os libros deben ser recollidos pola persoa solicitante. De non ser así, presentarán unha autorización asinada acompañada da copia do DNI do solicitante.
O horario de recollida é de 16:00 a 19:30h.
 
Tamén se poderán recoller nese horario os libros do fondo da ANPA de 1º de ESO

Información para a comunidade educativa

Ante a noticia publicada na prensa dun caso confirmado de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos, tanto para este caso como para calquer outro que xurda no futuro.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias que puideran estar afectadas para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Indicar que os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade de posibles afectados e garantir o seu anonimato segundo establece a Lei de Protección de Datos.

 

Normas básicas de organización e funcionamento no curso 2020/2021

Achegamos una presentación que resume as normas do Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021.

 

Cambio de horario no Bacharelato para o curso 2020/2021

IMPORTANTE: No curso 2020/2021, o horario escolar para o nivel de bacharelato vese modificado da seguinte maneira.

LUNS, MÉRCORES e VENRES: de 8.30 a 14.10 h.

MARTES e XOVES: de 8.30 a 15.00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut