Skip to Content

Normas básicas de organización e funcionamento no curso 2020/2021

Achegamos una presentación que resume as normas do Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021.

 

Cambio de horario no Bacharelato para o curso 2020/2021

IMPORTANTE: No curso 2020/2021, o horario escolar para o nivel de bacharelato vese modificado da seguinte maneira.

LUNS, MÉRCORES e VENRES: de 8.30 a 14.10 h.

MARTES e XOVES: de 8.30 a 15.00 h.

Aviso sobre o fondo solidario de libros de texto

Xa está publicada a adxudcación definitiva para o curso 2020/2021:
Se fixo a solicitude a través da aplicación "fondo libros" poderá ver o resultado desde a mesma aplicación.
En caso contrario debe acudir ao centro educativo.
Lembramos que, segundo a lei de protección de datos, está prohibida a difusión da información contida nas listaxes.

Novas e normas de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2020/2021

  • A día 11 de setembro de 2020 a consellería de educación anuncia o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, para os días 23, 24 e 25 de setembro. Teñen a información no seguinte ENLACE. O novo calendario mantén a distribución escalonada no inicio do curso: 

              Mércores 23 de setembro: 1º e 2º ESO, e 1º bacharelato.

          - Xoves 24 de setembro: 3º ESO e 2º bacharelato.

          - Venres 25 de setembro: 4º ESO.

  • Ante a situación sanitaria e cumprindo o protocolo de adaptación ao Covid-19 da Xunta de Galicia, ningún alumno/a pode quedar  no recinto do centro o luns ao mediodía, incluida a cafetería. 
  • Toda a información relativa ás presentacións dos diferentes cursos, será publicada na páxina web e comunicada pola plataforma Abalar no momento en que teñamos información clara sobre a mesma.
  • Toda a información sobre as normas de inicio do curso 2020/2021 seguirá sendo publicada na páxina web.

Benvidos/as ao curso escolar 2020/2021

Benvidos/as a un novo e atípico curso escolar, curso 2020/2021.

Sabemos que estades a desexar información de como vai ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas. Estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19 ao noso centro e procurar que os vosos fillos/as traballen nun entorno seguro.

En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro, será publicado tanto na páxina web como na aplicación Abalar. Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da vindeira semana. 

Distribuir contido


by Dr. Radut