Skip to Content

Convocatoria das probas de acceso a ciclos, de Grao Medio e Grao Superior

Os prazos para presentar a solicitude son os seguintes:
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación abrangue do 15 ao 26 de Marzo de 2021, ambos os dous inclusive.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación abrangue do 18 de Febreiro ao 3 de Marzo de 2021, ambos os dous inclusive.
Requisitos para grao medio: non cumprir requisitos académicos e ter ou cumprir 17 anos no ano de realización da proba.
Requisitos para grao superior: non cumprir requisitos académicos e ter ou cumprir 19 anos no ano de realización da proba.
 
Axuntamos o calendario das probas (ENLACE) e a orde da convocatoria (ENLACE).

Proxecto Cansat da Axencia Espacial Europea EP. 2

Continuamos con éxitos no poxecto Cansat da Axencia Espacial Europea no que participa alumnado de 1° bacharelato, dirixidos pola profesora Isabel Parada Pereira e Pedro Rodríguez Barbeito.

Pero esto non remata aquí, ....continuará!

Podedes velo no seguinte link, pinchando na imaxe.

Encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC coa asociación Aspace.

Hoxe, na clase de Cultura científica, tivo lugar un encontro do proxecto "Talentos inclusivos" do CITIC da UDC.  

O proxecto trata de fomentar vocacións TIC entre o alumnado e as dificultades das persoas con discapacidade.

Casos Covid. Información para as familias

Ante a aparición de novos casos confirmados de COVID no IES David Buján, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos dos casos rexistrados.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias afectadas e as consideradas contacto estreito, para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos según as indicacións e seredes informados das mesmas.

Novo aviso sobre o reparto de máscaras

Entre hoxe, martes 19 de xaneiro, e mañá, mércores 20, repartiranse ao alumnado beneficiario as máscaras lavables e reutilizables correspondentes ao programa de Axuda da Consellería de Educación. Corresponden 4 máscaras de 50 lavados para cada alumno beneficiario.

Distribuir contido


by Dr. Radut