Los hijos del capitán Grant

            “Los hijos del Capitán Grant” es una novela del escritor francés Jules Verne ambientada en 1864 y 1865. Pero lo cierto es que puede ser tratada casi como una guía de viajes, pues Verne “aprovecha” la circunstancia de que ha modelado unos personajes bien informados, para dar a conocer a través de ellos un sinfín de datos demográficos, históricos, sociales, o culturales sobre cada país, región o territorio que van encontrándose en su ruta.

            En cambio, el factor que le otorga a este libro la clasificación de novela es la historia que sirve de excusa para el gran viaje y las innumerables aventuras, contratiempos y adversidades que llegan a acercar a los protagonistas a la muerte en más de una ocasión. Todo empieza con el hallazgo en un viaje de recreo de lord Glenarvanpor las costas de Escocia de un documento escrito en inglés, francés y alemán en el que se llega a la conclusión de que alguien pide auxilio por un naufragio en los mares de la Patagonia. Quien se ha perdido en alta mar resulta ser el capitán Grant y dos de sus marinos.

            Los hijos del capitán Grant (Mary y Robert) acuden a la residencia de lady Elena y lord Glenarvan para que organicen una expedición de búsqueda de su padre. Se decide partir a bordo del buque Duncan, y los primeros días del viaje se descubre a un inesperado y peculiar pasajero alojado en el camarote número 6, el reputado geógrafo francés Jacques Paganel. El estudioso había acabado en el Duncan creyendo que iba en el Scotia dirigiéndose a las Indias, por un despiste; pero a cambio de eso aceptó viajar junto con la tripulación del Duncan para estudiar las localizaciones en las que acabasen. Son esta clase de despistes los que caracterizan a este gracioso personaje, de los que él mismo se ríe constantemente.

            Si quieres descubrir el estado final del capitán Grant, viajar en esta expedición para conocer “de lejos y de cerca” a la vez lugares como Chile, Argentina, Australia, Nueva Zelanda e islas paradisíacas como Tristán de Acuña, Ámsterdam o Tabor, reírte de los despistes de Paganel, o simplemente aventurarte junto a Mary y Robert en la esperanzada y desesperada búsqueda de su padre, te recomiendo leer esta obra de Jules Verne.

                 

Samuel Fernández     4º C

                                                                                

 

Resultado de imagen de los hijos del capitan grant

                                                                                                                                                                        

Charla con Víctor Freixanes

O pasado 30 de abril o alumnado de 2º de bacharelato asistiu á conferencia impartida polo Presidente da Real Academia Galega, Víctor  Freixanes, sobre a súa obra Unha ducia de galegos.

A charla foi de moito interese para este alumnado, pois na obra, reeditada no 2017,   Freixanes entrevista a doce persoeiros do galeguismo  e da literatura que son obxecto de estudo  por parte dos nosos  alumnos no programa de 2º Bac. Segundo as  palabras do conferenciante,  o  seu  obxectivo era unir sobre o papel a xeración que aínda conservaba a memoria do século XIX, personificada na figura de Ramón Otero Pedrayo, coas vivencias máis inmediatas dos mozos do 68, daquela Carlos Casares ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Charla con Víctor Freixanes

Hora zulú

Hora zulú  Santiago Lopo

 Neste mes de abril comentamos en varios recreos a novela de Santiago Lopo  Hora zulú, Premio García Barros 2012.

Un home –o Profesor- aparece ferido e nu ao pé dun acantilado en Galicia. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. Ao longo da novela iranse dando pistas para coñecermos o que lle sucede ao protagonista e como é que aparece nas nosas costas. En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales iniciamos unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor nos  propón. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantennos intrigados e en tensión narrativa de principio a fin.

Nesta novela Lopo móstranos as súas inquietudes sobre o tempo e a escravitude á que nos condena.  Tamén vemos o seu amor pola terra, a sensibilidade con ela, o ecoloxismo e  o diferente activismo dos personaxes na súa defensa.

A novela está construída como un puzzle no sentido de que se crea unha atmosfera de intriga, de suspense, pois  a historia vai dando aos poucos pistas do que vai acontecer, pezas que hai que ir encaixando para comprender a historia.

Na novela coñecemos o que sucede a través de distintas voces, que se asocian a cada personaxe. O autor emprega diferentes tipoloxías textuais como poemas, informes, textos literarios, cartas… para etiquetar unha voz e asocialas a unha maneira de expresarse.

O libro gustounos moito por diversos motivos:

- engancha dende o principio porque ten intriga e misterio ata o final.

- é moi orixinal ao ir presentando a historia a través de distintos textos que corresponden a  distintos personaxes.

- pola defensa do ecoloxismo e  o tratamento do tema do paso do tempo.

 

                                                                    Pablo P. Carril, Marta, Desirée e  Alba (1º Bac A)

 Resultado de imagen de hora zulu+ Santiago lopo

Encontro con Ledicia Costas

O 6 de abril Ledicia Costas veu ao noso centro a  falar cos alumnos de 3º da ESO da súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta,  novela que recibiu o Premio Lazarillo á Creación Literaria no ano 2015.

Ledicia contounos  que a orixe da novela partiu do seu interese por Jules Verne e a súa chegada a Vigo, así como polo “submarino” de Sanjujo Badía, temas que se reflicten  na novela. Falounos tamén  de todo o  traballo de documentación que fixo  para escribir a obra e de como o mesturou coa fantasía das mulleres planta.

 Podes ver as imaxes da charla picando na imaxe.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Ledicia Costas e Jules Verne

Os fillos do mar

 

Resultado de imagen de os fillos do mar + editorial Xerais

 

Pedro Feijoo Os fillos do mar  

 

Simón Varela é un arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte  nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán. Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.

 

 Recomendo a todo o mundo a lectura desta novela. Resultoume máis interesante do que pensara. Pareceume misteriosa e divertida e mesmo ás veces atopeime anguriada polo suspense. Ten algo de humor pero ao mesmo tempo drama e sempre estabas en tensión. O meu personaxe favorito foi Simón e o que me gustou máis da obra foi o final, totalmente inesperado.

                                                                                                                                                                      Natalia Muradás (1º Bacharelato A) 

 

Esta novela gustoume moito pois sempre están ocorrendo novos feitos que fan que te enganches. Hai aventura, intriga e un ton humorístico que fan que non deixes de ler ata o final. Tamén conectas ben co libro porque está ambientado en lugares e historias de Vigo que coñeces.

Eu, sen dúbida, recomendo a lectura desta obra.

                                                                                                                                                                       Óscar Bernárdez (1º Bacharelato A)

A señorita Bubble

                                       A señorita Bubble  

 Ledicia Costas

 

A señorita Bubble chegara á vila 15 anos atrás e dende o primeiro momento os veciños non a quixeron. Dixeron que ocupara unha mansión que non era súa, o que era falso; que ía vestida de xeito raro, que era estranxeira, que tiña un singular xeito de vivir, que  inventaba cousas raras…, ata chegaron a dicir que secuestraba nenos e que era meiga. Pero no interior da mansión da señorita Bubble sucedían cousas marabillosas…

Durante varios recreos do mes de marzo reunímonos para comentar esta obra. Gustounos moito. Por un lado, está chea de fantasía (os inventos de Bubble, que axudan a todos), e por outro, de realidade pois a xente que sae do común é, en xeral, mal considerada e marxinada. A señorita Bubble é criticada polos veciños por ser diferente: era unha muller que inventaba, é dicir, “científica”, independente,  e a pesar de ser unha incomprendida,  sempre trata de facer o ben a todo o mundo sen molestar a ninguén.

Chamounos a atención como estaba amoblada a casa e cremos que reflicte o seu pensamento, a súa maneira de ser.

A señorita Bubble era xulgada polo aspecto e non polo seu interior. Ela tiña un gran corazón. Pensamos que a autora quere denunciar o rexeitamento ao diferente e a súa marxinación.

 

 

                                                                                                                                                                       Noelia e Rosalía (2º ESO C)

 

 

Persépole

Persépole (novela gráfica) Marjane Satrapi

O pasado mes de marzo comentamos en varios recreos a novela gráfica Persépole, de Marjane Satrapi.

A obra narra a propia vida da autora desde 1979 (cando tiña dez anos) ata 1994.

 Marji nace  nunha familia progresista, laica e de clase alta  de Teherán e, á diferenza do resto de nenos e nenas da súa idade, é  educada ao estilo occidental. Sempre tivo unha considerable inquedanza intelectual.

Tras a revolución islámica e a chegada ao poder deste  réxime relixioso, marcha a  estudar a  Viena, despois regresa á súa cidade a facer Belas Artes para, finalmente, volver a marchar do seu país.

A historia de Marji resultounos moi dura e fíxonos  reflexionar  sobre a guerra, sobre as diferenzas de clases e os costumes da sociedade islámica,  tan  distintos  e incomprensibles para nós. A autora  describe a sociedade iraniana  que xorde tras a revolución islámica como moi intolerante e inxusta, sobre todo para as mulleres, que debían levar  veo e que eran consideradas inferiores. Asemade fálanos das  terribles consecuencias para os que non acatan as novas  normas ou pensan de xeito diferente, o  que podía conlevar a morte.  Política e relixión están unidas neste réxime e deben estar separadas.

Na novela non hai cores, está debuxada en branco e negro e isto provoca tristeza, que é o que nos transmite o libro.

A historia é realista  e fíxonos pensar na diferente vida que se pode ter segundo onde nazas.

 

      Resultado de imagen de persépole                                                                                 Daniela, Noelia e Rosalía (2º ESO C)

 

Leonardo e os fontaneiros

                          Leonardo e os fontaneiros      

 

MARIA VICTORIA MORENO 

 

En xaneiro, nos recreos reunímonos varios alumnos de 1º ESO C coa nosa profesora Esther  para comentar o libro Leonardo e os fontaneiros, de Mª Victoria Moreno, autora á que se lle adica esteano o Día das Letras Galegas.

En xeral, o libro gustounos moito a todos, aínda que nun principio parecía un pouco lioso por non seguir unha orde clara, pero isto fai que sexa un libro moi orixinal. A algúns alumnos recordoulles a Platero y yo pero cun can. O libro trata da vida dun neno chamado Antón Andrade Asorey ou A.A.A., como lle chaman algúns na clase.  Este narra en primeira persoa as horas que pasa no colexio e como atopa  a Leonardo  na praza da Fonte e o ben que o pasan.

Paula Andreu di que o libro a encheu de sentimento, vendo o cariño que se tiñan o neno e o can, as súas aventuras cos amigos e as súas falcatruadas, mesmo chorou co final xa que lle pareceu moi triste e inesperado.            

Paula Estévez di que a historiia do protagonista podería pasarlle a calquera alumno na etapa adolescente. Tamén lle pareceu, como ao resto dos compañeiros, unha historia triste polo seu final, xa que Leonardo foi o mellor amigo do neno, pero tamén demostra que hai que superar os obstáculos e seguir adiante.

“Gustáronme as anécdotas da escola, que son cousas que non se esquecen por moito que cambie a vida dunha persoa”.

É un libro entretido, cunha bonita historia que ensina o que é facerse adulto.

 

                                                     Paula Andreu e  Paula Estévez (1º ESO C)