Aviso legal

O presente sitio web, entendido como tal a todas e cada unha das páxinas que o conforman son propiedade do IES Castelao de Vigo, dentro do proxecto Webs Dinámicas. O sitio web ou calquera parte do mesmo, non se poderá reproducir, duplicar, copiar, vender, revender nin explotar para calquera fin comercial ou de outro tipo que non estea expresamente permitido polo IES Castelao. Así mesmo, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos contra o IES Castelao ou calquera terceiro, ou que, de calquera xeito, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

O contido que se ofrece é meramente informativo e carece de efectos vinculantes para a Administración. No suposto de que a presente páxina web puidera conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios web non xestionados polo IES Castelao, este centro manifesta que non exerce control ningún sobre ditos sitios nin é responsable do contido dos mesmos. Os links que esta web puidera conter ofreceranse, unicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos dende os mesmos. O IES Castelao resérvase o dereito a eliminar calquera enlace en calquera momento. En todo caso, o IES Castelao exonérase de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados por ditos terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e demandas que puideran interpoñerse en relación cos mesmos.

O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio Web do IES Castelao estará sometido ás seguintes condicións:
a) Baixo ningunha circunstancia o IES Castelao será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende a que se realice o hiperenlace, nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
b) Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web do IES Castelao salvo autorización expresa.
c) A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá denominación, logotipo, eslogan ou otros signos distintivos pertencentes ó IES Castelao.

Tódalas imaxes publícanse co consentimento por escrito dos pais/nais titores/as dos alumnos e alumnas do Centro. Consentimento que pode ser retirado en calquera momento se así se llo comunica á dirección do IES Castelao ben persoalmente ou ben a través da dirección: ies.castelao.vigo@edu.xunta.es

Se vostede non desexa que o(s) seu(s) fill(s) ou tutelado(s), ou vostede mesmo (na súa condición de pai, nai ou titor legal), aparezan en grabacións en vídeo ou en fotografías realizadas no marco de actividades colectivas organizadas polo centro, tanto polo propio centro como polos pais dos outros alumnos, terá que comunicalo á dirección do IES Castelao.

A web http://www.edu.xunta.gal/centros/iescastelaovigo (/aulavirtual e /galeria) atópase publicada nos servidores da Xunta de Galicia.

O contido inserido nesta web é o resultado da colaboración de tódolos membros da comunidade educativa.

Poderanse exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición comunicándollo á dirección do IES Castelao ben persoalmente ou ben a través da dirección: ies.castelao.vigo@edu.xunta.es