O xoves 7 de decembro o Centro permanecerá pechado por ser o Día do Ensino.
Volveremos abrir o luns 11 no horario habitual.
O vindeiro martes 5 de decembro contaremos coa visita de toda unha celebridade da literatura: Bernardo Atxaga.
Seguimos avanzando no noso proxecto interdisciplinar EMOCIÓN - ARTE, coordinado dende a Biblioteca Ramiro Fonte.
Nesta ocasión, traballamos as emocións a través de diferentes obras de arte que plasman acontecementos históricos en busca da paz.
O alumnado cuestionouse: que sinto? como me atopo? que quero expresar?
Na última semana do mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO participaron en dúas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nas que se abordaron dúas temáticas:
Con estas charlas preténdese concienciar as alumnas e alumnos da importancia do bo trato, do respecto, e do dereito de todos e todas á protección da súa integridade física e moral.
As alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO veñen participando ao longo do mes de novembro no programa “Non pasa nada, pasa algo?” do Concello de Vigo.
Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre drogas, na nosa comunidade, a maior parte dos e das adolescentes inícianse no consumo de sustancias psicoactivas entre os 14 e os 16 anos.
Desde o ámbito educativo temos que traballar para reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo de alcohol, de drogas, e os consumos dixitais inapropiados.
O venres 24 de novembro o alumnado do grupo de regueifas, xunto a parte do alumnado de 2º ESO A e C acudiron ao IV Certame Escolar Provincial de Regueifas organizado pola Asociación Oral e apoiado pola Deputación de Pontevedra.
A sede foi unha vez máis a Asociación de Valadares, onde acudiron dez centros seleccionados entre todos os que participaron nos obradoiros de regueifa impartidos nos meses de outubro e novembro. Na primeira fase subiron dez alumnos e alumnas do noso centro a regueifar nas diferentes rondas. Na segunda fase, onde seleccionaron soamente a vinte regueifeiros e regueifas, pasaron Noelia e Mateo. E finalmente, na fase final onde só seleccionaron a catro persoas, conseguiu entrar Noelia, quen recibiu unha tableta como agasallo.
O alumnado de 3º da ESO leva participando todo o trimestre nos Obradoiros de sensibilización en materia de estranxeiría, impartidos pola asociación Médicos do Mundo. Esta actividade ten como obxectivo a concienciación da defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes, así como favorecer a convivencia e a cohesión social.
Si cantan, es ti que cantas; si chora, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora... Rosalía de Castro |
As alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º de bacharelato elaboran flores en lembraza de todas e cada unha das vítimas de violencia machista do ano 2023. |
“As veces, as nosas mans son as paredes máis grandes. Poden cubrirnos os ollos e podemos cegarnos a nos mesmos e nos mesmas a tanto do que está sucedendo ao noso redor”. Jaume Plensa.
Para conmemorar o vindeiro 25N o alumnado que forma parte do Equipo de Igualdade (Estela morada) estivo traballando nunha escolma de mulleres artistas de diferentes épocas e ámbitos que sufriron violencias de xénero.
Podedes desfrutar da exposición vendo os retratos de cada unha das mulleres feitos polo noso alumnado quen quixo meterse na súa pel por un día.