Actividades Erasmus

Erasmus + no IES Castelao

                                Logo erasmus +

O NOSO ALUMNADO DE ADULTOS POR EUROPA A DIANTE GRAZAS A ERASMUS+

O noso alumnado de adultos, que participou no Erasmus+, visitou  as sedes que a UE ten en Bruselas, Estrasburgo e Luxemburgo. Coñeceron de primeira man o Parlamentarium de Bruselas, a Casa da Historia Europea, o Simone Weil de Estrasburgo, a sede da Comisión Europea e demais sitios de interés. Traballaron dunha maneira non formal e informal, sendo conscientes da magnitude da idea de Europa e tamén do gran patrimonio cultural que temos.

AS MOVILIDADES DOS DOCENTES QUE SE ANIMARON A PARTICIPAR

Os nosos docentes xa teñen destino para a súa formación.

Nuestros docentes ya tienen destino para su formación.

 

 

CONCURSO DE MÉRITOS PARA PARTICIPAR NAS MOBILIDADES ERASMUS+

Aquí o concurso de méritos para aqueles docentes, da quenda de diurno, que se animen a participar nesta experiencia. O documento vai acompañado dun código QR co cal podedes acceder ao baremo. Tamén tedes a información dos cursos ofertados. ¡Animádevos e non deixedes pasar esta gran oportunidade!

Aquí el concurso de méritos para los docentes, del turno de diurno, que se animen a participar en esta experiencia. El documento va acompañado de un código QR en el que podeis acceder al baremo. También teneis la información de los cursos ofertados. ¡Animaros y no dejéis pasar esta gran oportunidad!

 

 

Xavier Queipo visita o IES Castelao

O pasado 10 de maio visitou o noso centro o escritor Xavier Queipo para falar e compartir experiencias co alumnado da quenda de adultos. 
 
Primeiramente tivo un encontro co grupo que en breves datas participará no proxecto Erasmus, quen tivo a oportunidade de conversar sobre diferentes cuestións relacionadas coas políticas e institucións europeas, así como as localidades onde teñen as súas sedes –obxecto preferente da próxima viaxe–, ben coñecidas por Xavier, pois nelas exerceu como funcionario de nivel medio-alto durante a súa vida laboral.
 
A información de primeira man da que dispón o noso convidado sobre estas institucións, xunto coa súa condición de escritor e científico, deu pé a que a conversa resultase certamente enriquecedora para as persoas que tiveron a ocasión de entrevistalo.
 
En segundo lugar, Xavier Queipo disertou perante todo o alumnado da quenda de adultos sobre diversos aspectos políticos, culturais e lingüísticos relacionados coa UE, desde as súas orixes ata a actualidade. Atendeu amablemente ás preguntas que a concorrencia lle dirixiu e o resultado foi unha sesión diferente, amena e chea de informacións e coñecemento que colmou as expectativas do público presente. 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Queipo Xavier

Concurso Logo Erasmus +

Logo

¡E xa temos ganador (neste caso gañadora) do concurso do Logo #Erasmusplus! . Por votación (estilo Eurovisión) feita polo membros do equipo de proxectos europeos, a gañadora é Antela Pedrido Martínez, de 1º da ESO C. O segundo premio foi para Samuel Pérez Villegas, tamén de 1º da ESO C. #Noraboa os gañadores. Xa podedes falar con calquera profe do Equipo Erasmus para canxear o voso premio.

¡Y ya tenemos ganador (en este caso ganadora) del concurso del Logo #Erasmusplus! . Por votación (estilo Eurovisión) realizada por los miembros del equipo de Proyectos Europeos, la ganadora es Antela Pedrido Martínez, de 1º de ESO C. El segundo premio ha recaído en Samuel Pérez Villegas, también de 1º de ESO C. #Enhorabuena a los ganadores. Ya podéis hablar con cualquier profe del Equipo Erasmus para canjear vuestro premio.

#XaTemosLogo #ErasmusPlusCastelao #Vigo #VigoCultura #CalvarioVigo #Galicia

Inicio do programa

     Iniciamos a nosa andaina en #ErasmusPlus co concurso para obter o logo que represente a participación do #IESCastelao neste programa. Este ano temos dous proxectos concedidos. Un, que serán cursos individuais para docentes de diurno que leva por título “Dixitalización e novos métodos e enfoques de ensinanza-aprendizaxe”, e outro, para alumnos de nocturno, titulado “Novas maneiras de aprender desenvolvendo a creatividade, a motivación e a curiosidade”. E xa estamos traballando para que nos vindeiros anos as mobilidades do alumnado e dos docentes e PAS do noso IES sexan habituais na docencia que ofertamos, tanto en diurno como en nocturno.

    Iniciamos nuestro camino en #ErasmusPlus con el concurso para obtener el logo que representa la participación del #IESCastelao en este programa de la #UniónEuropea. Este año tenemos dos proyectos concedidos. Uno, que serán cursos individuales para el profesorado diurno titulado “Digitalización y nuevos métodos y enfoques de enseñanza-aprendizaje”, y otro, para el alumnado de adultos, titulado “Nuevas formas de aprender desarrollando la creatividad, la motivación y la curiosidad”. Y ya estamos trabajando para que en los próximos años las movilidades de alumnos y profesores y PAS de nuestras IES sean habituales en la docencia que ofrecemos, tanto en diurno como en nocturno.

#ErasmusPlusCastelao #Vigo #VigoCultura #CalvarioVigo #Galicia #OsPremiadosDoConcursoEstánAPiquesDeSair

Distribuir contido