Os fillos do mar

 

Resultado de imagen de os fillos do mar + editorial Xerais

 

Pedro Feijoo Os fillos do mar  

 

Simón Varela é un arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte  nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán. Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.

 

 Recomendo a todo o mundo a lectura desta novela. Resultoume máis interesante do que pensara. Pareceume misteriosa e divertida e mesmo ás veces atopeime anguriada polo suspense. Ten algo de humor pero ao mesmo tempo drama e sempre estabas en tensión. O meu personaxe favorito foi Simón e o que me gustou máis da obra foi o final, totalmente inesperado.

                                                                                                                                                                      Natalia Muradás (1º Bacharelato A) 

 

Esta novela gustoume moito pois sempre están ocorrendo novos feitos que fan que te enganches. Hai aventura, intriga e un ton humorístico que fan que non deixes de ler ata o final. Tamén conectas ben co libro porque está ambientado en lugares e historias de Vigo que coñeces.

Eu, sen dúbida, recomendo a lectura desta obra.

                                                                                                                                                                       Óscar Bernárdez (1º Bacharelato A)