CHARLAS ARREDOR DA MEMORIA

O vindeiro mércores día 18 de abril ás 19:00 h. terá lugar un acto no IES de Brión no que intervirán os profesores X. Ramón Mariño Ferro, antropólogo, e Manuel Sendón, fotógrafo. Os seus relatorios achegarannos aos territorios da memoria dende a antropoloxía e a fotografía
Estas charlas enmárcanse na actividade anual de centro que este ano xira “arredor da memoria”.
Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

MOSTRA DE ENSINO

O departamento de orientación  organiza a visita á Mostra do ensino Galicia 2012 o 11 de Abril para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que ten lugar no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

St. Patrick's Day Session

O venres 16 de marzo, coincidindo coa festividade de San Patricio, un grupo de alumnos de inglés de 2º Bach e 4º ESO presentaron música tradicional irlandesa en directo nunha actuación improvisada na entrada do IES de Brión.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012/13

O prazo de admisión de alumnado procedente de outros centros para o curso 2012-13 abrangue dende o 1 de marzo ao 10 de abril do 2012, ámbos incluidos.

Acceso ao DOG que regula o proceso de admisión de alumnado

Adxúntase o Anexo I para a reserva de praza e o Anexo II para a solicitude de admisión


CON A DE ASTRÓNOMAS

No I.E.S. de Brión acollemos a exposición con A de Astrónomas en conmemoración do Día Internacional da muller traballadora, 8 de marzo.

A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astronomía e Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días.

Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora da área de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a investigadora de historia da Ciencia Eulalia Pérez Sedeño.

Os diferentes paneis que conforman a exposición estarán ubicados no 1º andar do centro dende o 7 ata o 16 de Marzo, grazas á colaboración do Concello de Brión.

Josefina Ling, impartirá unha charla o vindeiro venres 16 de marzo ás 9:15  na aula de usos múltiples do instituto baixo o título Con A de Astrónomas, para o alumnado de 4º, de Física e Química, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato de Física.

Para consultar información sobre a exposición, preme no seguinte ligazón: "Con A de Astrónomas"


Accede á nova en  

                              


GALICIA E AS NOSAS XENTES

O I.E.S. de Brión acolle unha mostra da obra dalgúns fotógrafos galegos dentro da Actividade Anual de Centro  adicada este ano á Memoria. A exposición leva por título  “Galicia e as nosas xentes” e nela están presentes fotografias de Benedicto Conde, Pintos, Virxilio Vieitez, Blanco Amor, Veiga Roel, Manuel Ferrol e Ksado.

Foi cedida pola profesora de Lingua Española, Maka Arca Camba, coordinadora durante varios cursos do Departamento de Normalización Lingüística do I.E.S. nº 1 de Ordes. O noso máis sincero agradecimento pola súa colaboración.

Accede á nova en: 

.

 

 

OBRADOIRO DE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O departamento de orientación organiza o vindeiro 13 de Marzo de 10: 25 a 14:05  un Obradoiro de hábitos de alimentación saudable para o alumnado de 3º de ESO impartido por monitores de cruz vermella.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O departamento de orientación organiza un Obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 4º da ESO o vindeiro mércores 14 de Marzo de 10:25 a 14.05, impartido por monitores da cruz vermella

APRENDER NO CÁRCERE

O departamento de orientación organiza a actividade Aprender no cárcere Proxecto ANOCA, o vindeiro día 6 de Marzo de 12:25 a 14:00 horas na aula de usos múltiples do centro.

A actividade vai dirixida ao alumnado de 4º de ESO e preténdese achegar a experiencia da escola do cárcere de Teixeiro ao alumnado de secundaria.

VISITA Á ALDEA DE SILVARREDONDA

O departamento de Lingua Galega e  Proxecto Interdisciplinar organizan a visita á Aldea de Silvarredonda en Rois para o alumnado de 1º da ESO o vindeiro 15 de Marzo de 10:30 a 14: 00 horas.

O obxectivo da actividade é coñecer unha aldea tradicional: funcionamento, servizos e actividades comunais, dentro do programa da actividade anual de centro " Arredor da memoria".

Distribuir contido