AUTOPÍAS 4

Nova edición de Autopías 4, a revista dixital do IES de Brión que recolle algúns dos traballos realizados polo alumnado ao longo do curso, especialmente aqueles realizados no marco da Actividade anual de centro que este ano xirou Arredor da memoria.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

A ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013, publicada no DOG do 1 de xuño do 2012.

Para o alumnado de educación  secundaria obrigatoria ter a renda per cápita familiar será igual ou inferior a 9.000 euros.

A documentación entregarase na administración do centro.

O prazo de entrega de solicitudes e resto de documentación é:

  •  25 de xuño ao 26 de xullo, para a matrícula ordinaria
  • 1 setembro ao 1 de outubro para a matrícula extraordinaria

Xuntamos a información e impreso de solicitude para a gratuidade dos libros de texto na EducaciónSecundaria para o curso 2012/13.

Máis información na propia páxina da consellería: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadsolidaria

ORDE DA CONVOCATORIA     SOLICITUDE       

 

 

MEMORIA FOTOGRÁFICA DA CONTORNA

O Equipo de Dinamización Lingüística programou este curso facer unha Memoria fotográfica da contorna, polo que solicitou a colaboración das familias para que nos prestasen fotografías de carácter xeral onde se vexan paisaxes, escenas da vida cotiá, edificios, traballos ... para coñecer como era a vida hai 20, 50 ou 80 anos.

O material recollido, ademais de escanealo e documentalo, incorporouse ao arquivo do centro e reproduciuse nunha exposición.

O IES DE BRIÓN EN "TECNOLOXÍA NA RÚA"

 

Un ano máis o noso alumnado tivo a oportunidade de dar a coñecer algúns dos seus traballos na mostra "Tecnoloxía na rúa" celebrada o pasado venres 1 de xuño en Compostela.

Expuséronse traballos do alumnado de 1º e 2º PDC como as torres de Hanoi, grúas e un cabalo electromecánico, de 3º de ESO como os xogos eléctricos e o prototipo dunha lámpada cerámica de leds deseñada polo alumnado de 1º de bacharelato nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I.

Accede á seguinte ligazón para ver imaxes dos proxectos da mostra "Tecnoloxía na rúa"

O programa efervesciencia da Radio Galego adicou un espazo á mostra. Podes escoitar a información sobre o proxecto a partir do minuto 5 na seguinte ligazón:

Efervesciencia

A EDUCACIÓN: A CHAVE DO FUTURO

Da memoria de Brión

De Luís Tobío (1861-1943)... a Lois Tobío (1906-2003)


Luís Tobío Campos, un mestre de Lamiño, da liña pedagóxica da Escuela Libre de Enseñanza de Giner de los Ríos, poeta e recolector das cantigas de Amaía. Os seus fillos e fillas estudaron na USC e destacaron en distintos campos, dos que sobresaíu Lois Tobío Fernández, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, redactor do Anteproxecto da Autonomía de 1932, tradutor ao galego de Goethe, Rilke e Bertold Brecht... son exemplo intelectual e pedagóxico para todos os que queiramos facer progresar a sociedade na que vivimos...

VISITA DE 1º ESO B AO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE A BARCIA

Os alumnos de 1º ESO B visitaron o día 26 de Abril o centro de educación especial de A Barcia acompañados polo seu titor e pola orientadora do noso centro.
Dentro do traballo de " aprender a diversidade " feito na titoría e na asignatura de Proxecto Interdisciplinar buscamos coñecer outras realidades, outras experiencias que nos enriquezan e nos axuden a medrar como persoas.

Xogamos un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ámbos centros, foi moi divertido. Fixemos xogos e compartimos uns bocadillos. No salón de actos presenciamos un par de actuacións que os anfitrións prepararon con moita ilusión. Para rematar coñecimos as instalacións do centro.

Os compañeiros de A Barcia fixeron esta montaxe que nos amosa como foi este día tan especial, esperamos que vos guste.


CONVOCATORIA DE CAMPUS CIENTÍFICO VERÁN 2012

 

A FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o Ministerio de Educación, coa colaboración de 16  Campus de Excelencia Internacional e Rexional  e o apoio da Obra Social “la Caixa”, poñen en marcha a 3ª edición do programa Campus Científico de Verán, dirixidos a  estudantes de 4º de ESO e 1º  de Bacharelato do 1 ao 28 de xulio do 2012. Os beneficiarios dunha praza nos Campus Científicos de Verán 2012 poderán disfrutar de 7 días de contacto coa investigación científica a través da súa participación activa en proxectos de achegamento científico especialmente deseñados por profesores de Universidade e de Ensino Secundario e en diversas actividades de ocio científico- cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia, deporte e excursións a lugares de interese).

 A presentación de solicitudes permanecerá  aberta ata o día 16 de maio de 2012  ás 14:00 horas.

Na seguinte páxina web: http://www.campuscientificos.es  poderán encontrar más información cos detalles do programa.

AVALIACIÓN DE PENDENTES

MATERIA DATA HORA NIVEIS AULA
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

10/05/12

14/05/12

12:25/13:15

11:15/12:05

2º E 3º ESO

1º ESO

Laboratorio

Usos múltiples

LINGUA ESPAÑOLA

2/05/12

10:05/11:15

TODOS

Usos multiples

 LINGUA GALEGA 14/05/12  12:25/13:15  TODOS
 Usos multiples
TECNOLOXÍAS  09/05/12 9:15/10:05
 TODOS Aula de Tecnoloxía
CIENCIAS SOCIAIS  15/05/12  9:15/10:05  TODOS Usos multiples
LINGUA INGLESA 15/05/12 11:15/12:05 TODOS ESO Sala de exposicións
FÍSICA E QUÍMICA 11/05/12 11:15/12:05 3º ESO Usos múltiples

CONCURSO DE MICRORRELATOS 2011-2012

  

A biblioteca Roberto Vidal Bolaño convoca un novo concurso de microrrelatos, este ano en relación co tema da memoria. O prazo de presentación dos traballos remata o 16 de maio. Consulta as bases.

¡ Animádevos a participar!


CHARLAS ARREDOR DA MEMORIA

O vindeiro mércores día 18 de abril ás 19:00 h. terá lugar un acto no IES de Brión no que intervirán os profesores X. Ramón Mariño Ferro, antropólogo, e Manuel Sendón, fotógrafo. Os seus relatorios achegarannos aos territorios da memoria dende a antropoloxía e a fotografía
Estas charlas enmárcanse na actividade anual de centro que este ano xira “arredor da memoria”.
Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

Distribuir contido