Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

Dragóns de Senegal (Contos do mundo)

28/03/2017 09:10
Etc/GMT+1
El dragón que se comió el sol e Yimilimuli y el dragón son dous contos senegaleses que o alumnado de Lingua Castelá de 2º de ESO bilingüe, acompañado da súa profesora Isabel Rodríguez, lle foi contar ao grupo de 5º A de Primaria co CEIP, dentro do proxecto Contos do mundo, coordinado por ambas as dúas bibliotecas.

Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

Contos desde o Polo Norte

14/03/2017 09:10
Etc/GMT+1

Viaxamos ao Polo Norte da man de 4º de Educación Infantil (3 anos), na sétima sesión de Contos do mundo. Desta volta, ante este público tan atento e espontáneo, o alumnado de 2º de ESO B representou, cantando e bailando, o conto Vamos a cazar un oso, que preferiu adapatar como Vamos a buscar un oso. Ademais, na randeeira dos contos, a alumna Laura Rodríguez, leulles a divertida historia do reno Renato.

Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

Contos do mundo: Cuba e Exipto

10/03/2017 00:10
10/03/2017 13:10
Etc/GMT+1

O venres pasado tiveron lugar a quinta e sexta sesións do proxecto de Contos do mundo que estamos a levar a cabo co noso veciño CEIP A Sangriña.

O alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado da profesora Marisa Guerra, faloulles de Cuba e as súas narracións a rapazas e rapaces de 5º de Primaria; e o grupo de 2º de ESO B, xunto co profesor Juanra Torres, representarnon unha pequena obra de teatro chamada "Una momia muy responsable".

A continuación, tendes imaxes de ambas posta en escena, cedidas polo CEIP. Sempre podedes ampliar información no seu blog de biblioteca, BiblioPepiño.

Contos do mundo

02/02/2017 09:10
14/03/2017 10:15
Etc/GMT+1

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

Distribuir contido


by Dr. Radut