Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

VERSIONES DE MÍ QUE DESCONOZCO

Onte tivemos o privilexio de que unha antiga alumna do noso centro, Vanessa Rodríguez Álvarez, volvese a el para presentar o seu primeiro poemario, Versiones de mí que desconozco. A poesía de Vanessa é, nas súas palabras, “una poesía que no pesa”, no sentido de fresca e actual. O público, fascinado, formulou moitas e moi interesantes preguntas. Parabéns, Vanessa! E graciñas por visitarnos!

RETOMAMOS Á SAÍDA AO CINE

O pasado 9 de maio o alumnado de 3º de ESO do noso centro da Sangriña percorreu o casco antigo da cidade de Vigo e coñeceu da man de dous guías expertos as diferentes curiosidades e anécdotas relacionadas coa historia da cidade olívica. As súas rúas máis antigas e emblemáticas deixaron de ser un misterio para os nosos alumnos e alumnas grazas á visita “Misterios e lendas da cidade de Vigo”. Todo un descubrimento!

Logo deste itinerario cultural tiveron a experiencia, sempre tan agradable, de ir ao cine para ver Uncharted, película de acción e aventuras. E para rematar a xornada, unha comida entre amizades que tanto botábamos de menos tras a pandemia.

I CONCURSO DE MICRORRELATO IES A SANGRIÑA

Velaquí os textos premiados no I Concurso de Microrrelato convocado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES A Sangriña. Parabéns, rapazas!

Primeiro premio: Paula Cernadas Garrido, por "Error 404".

ERROR 404

El meteorito causó el error 404 que acabó con Internet y la vida de todos los dinosaurios excepto uno, condenado a huir por el desierto el resto de su vida.

Segundo premio (ex aequo): Goya Fajar Coimbra, por "Do rapaz que miraba ao amor".

DO RAPAZ QUE MIRABA O AMOR

Sempre ía pola dereita, pola dereita, dereita, dereita. Até que un día mirou ao seu amor na parada da esquerda, e cambiou de dirección.

Segundo premio (ex aequo): Ana González, por "Vivir".

VIVIR

Con 3 años aprendí a nadar y con 6, a andar en bici. Ahora, que también sé correr, puedo hacer un triatlón.

Obradoiro de iniciación á banda deseñada.

Este mércores 24 de marzo estará co alumnado de 1º de ESO, a través de videocondeferencia, Josuha Acuña Martínez (XanBreo), profesor de Debuxo especialista en banda deseñada e anatomía artística. Un luxo!

G

Distribuir contido


by Dr. Radut