Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

Charla de Ana Alcolea

31/01/2017 09:10
31/01/2017 10:00
Etc/GMT+1

Hoxe vistounos a escritora Ana Alcolea, Premio Cervantes Chico e Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, para encontrarse co noso alumnado de 1º e 2º de ESO e falarlle das novelas que están a ler, El medallón perdido, El retrato de Carlota e El secreto del espejo. A escritora foi presentada polo profesor Alberto Viso.

Un momento da charla, e varias portada de libros 

Un monstro vén verme

24/11/2016 08:20
24/11/2016 16:30
Etc/GMT+1
Onte 109 alumnas e alumnos de 1° e 2° de ESO gozaron dunha xornada didáctica diferente: asistiron ao cine en Vigo, onde viron a película Un monstruo viene a verme, e visitaron o Museo Etnográfico Liste, onde percorreron cun guía as 8 exposicións permanentes sobre diferentes aspectos da nosa cultura, e unha exposición itinerante, "En feminino: a silente presenza", que busca reflectir o traballo feminino dos derradeiros séculos en Galicia. Mágoa que o tempo non permitise completar o programa co paseo botánico polo Castro, tal como estaba pogramado.

Tempestades

14/11/2016 11:05
14/11/2016 14:00
Etc/GMT+1

Un año máis, o noso alumnado asisitiu a un espectáculo literario de Ricardo Frazer. Nesta ocasión foi a obra Tempestades, unha mestura de poesía e teatro na que o alumnado de 2°, 3° e 4°de ESO puido gozar dos textos de León Felipe, Shakespeare, Camus, Ibsen ou Calderón.

Viaxe a Almagro 2016

14/03/2016 00:00
18/03/2016 21:00
Etc/GMT+1
Un ano máis, o alumnado de 1° de bacharelato viaxou a Almagro, onde puido gozar do único curral de comedias conservado, e da representación da Celestina. Esta expedición literaria tamén visitou Madrid, onde asistiu ao teatro, Toledo, Córdoba e o Parque Nacional das  Táboas de Daimiel.

Distribuir contido


by Dr. Radut