Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

4ª Viaxe a Almagro

07/04/2015 07:00
11/04/2015 21:00
Etc/GMT+1

No pasado mes de abril cincuenta alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, acompañados polos profesores Isabel Rodríguez, Juanra Torres e Gisela González, realizaron unha viaxe cultural a Almagro, para asistir a unha reparesentación teatral no curral de comedias, único curral que se conservou intacto desde comezos do século XVII.

Nesta viaxe de cinco días, o alumnado ademais tivo oportunidade de asistir a outra representación teatral en Madrid, facer unha visita guiada por Toledo e outra por Córdoba, e coñecer o parque nacional Táboas de Daimiel.

"55.ª concurso Coca-Cola jóvenes talentos"

17/04/2015 16:00
Etc/GMT+1
O pasado vernes, 17 de abril de 2015, as alumnas de 2º de ESO Sabela Martínez González, Uxía Vicente Villa, Lucía Braga Vicente e Jeanette Conde González participaron no "55.ª concurso Coca-Cola jóvenes talentos- Premio de relato corto" que se celebrou en Vigo. Dentro dun par de semanas coñeceranse os relatos e autores seleccionados. ¡Sorte para todas!
 

Alumnado de 2º de ESO participa no concurso de relato curto Coca-cola

04/06/2014 17:00
Etc/GMT+1

O pasado 4 de abril de 2014 alumnado de 2º ESO do noso centro participou no 54º Concurso Coca-cola Jóvenes Talentos, Premio de relato corto 2013-2014. O certame celebrouse no IES Santa Irene de Vigo ás cinco da tarde, lugar ao que foron acompañados pola súa profesora de Lingua Castelá e Literatura, Isabel Rodríguez Pazos.

A proba consistiu na redacción dun relato breve en lingua castelá sobre un tema establecido pola organización do concurso: Que pasaría se desaparecesen todos os dicionarios do mundo? Entregóuselles previamente un folleto aos concursantes onde aparecía esta suposta noticia en portada. A partir de aí outorgáronselles dúas horas para a realización do relato.

Na foto, o noso alumnado participante: Antía Encisa González, Sara González Rodríguez , Delia Alfonso Lomba, Elsa Vázquez Rodríguez, Néstor Lomba Lomba e Antía Rodríguez Ku.

Viaxe a Almagro 2014

22/04/2014 08:20
26/04/2014 21:15
Etc/GMT+1
Reportaxe da viaxe a Almagro 2014, organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura para 1º de bacharelato.
Distribuir contido


by Dr. Radut