Actividades de Nadal

 

Presentámosvos as actividades que realizaremos na Escola Oficial de Idiomas para conmemorar o Nadal deste ano 2020. Mirade a presentación en vídeo para coñecer as novidades das dúas liñas de acción: o Nadal solidario, e o Nadal fotográfico

Para o noso Nadal solidario, este ano colaboraremos coa Fundación Amigos de Galicia e coa Gran Recollida de Alimentos. Porén, reemplazamos a nosa recadación mediante as tradicionais rifas para participar no sorteo das cestas, por doazóns directamente coas organizaciós benéficas do xeito que se indica no vídeo explicativo. Cos xustificantes das doazóns, podedes entrar no sorteo das nosas cinco famosas cestas dos departamentos, valoradas en 100€ cada unha, elaboradas como todos os anos por Alimentación Los Pepes, de Vilagarcía de Arousa.

Por outro lado, a parte máis lingüística aportaráa o noso Nadal fotográfico, mediante o I Concurso fotográfico de Nadal, que lanzamos en aberto nas redes sociais, e no que pode participar de xeito individual, a través da súa conta de Twitter ou Instagram, alumnado matriculado neste curso 2020-2021 que siga á EOI de Vilagarcía nestas redes sociais. Presentaranse imaxes orixinais e inéditas que teñan que ver co Nadal, acompañadas dun título nunha das cinco linguas que se estudan nesta escola, e máis da súa tradución ao galego. Poderanse dar até 7 premios dotados cada un cun vale de 40€ a gastar na Librería Nobel de Vilagarcía, xunto cunha bolsa de tela da EOI. Lede as bases aquí.

Tanto as cestas, como os premios do concurso de fotografía, entregaranse previa notificación ás persoas gañadoras, durante o martes 22 en horario de 19.00 e 20.00.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Cartel Nadal solidario xoguetes FAG EOI VILAGARCIA.pdf1.65 MB
Bases I Concurso Nadal fotográfico.pdf274.02 KB
Cestas A3.png486.07 KB