Os horarios da EOI de Vilagarcía non se axustan ás túas necesidades?

Non te preocupes! Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía tes opcións para organizar o teu estudo de xeito máis autónomo. Temos dúas modalidades de cursos máis flexibles: ensino  a distancia (That's English) e ensino semipresencial.

Clica en Ler máis para acceder á información.

ENSINO A DISTANCIA - Programa That's English
A EOI de Vilagarcía leva moitos anos sendo centro de apoio titorial do programa That's English. Malia que non é ensino semipresencial per se, este programa permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

ENSINO SEMIPRESENCIAL - Ampliamos cursos
No curso 2022-2023, ampliamos a modalidade semipresencial:

  • Alemán B1.1
  • Inglés B2.1
  • Inglés B2.2

Que supón a ensinanza semipresencial?
Nun curso semipresencial, que equivale á totalidade de horas do curso presencial, a metade da docencia impártese nunha única sesión semanal de dúas horas, onde se traballa un enfoque comunicativo orientado principalmente ás destrezas de produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese na aula virtual, onde o alumnado traballa e prepara as diferentes actividades de lingua de xeito autónomo, co apoio e orientación do profesorado. Para esta modalidade non é necesario libro de texto pois o material de aula foi creado especificamente para estes cursos por profesorado da EOI.

Como sei se a modalidade semipresencial é para min?
Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado un alto grao de autonomía como aprendiz de lingua, así como coñecementos básicos de informática, para poder desenvolverse no ensino virtual.

Se accedes ou promocionas ao nivel, e estás interesado/a nesta nova modalidade de ensino, animámoste a que consultes os Consellos para ter éxito no ensino semipresencial.

Se tes dúbidas ou preguntas, contacta con eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal.