Información xeral

Curso monográfico de inglés C1

 

Este curso monográfico está enfocado á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Consta de dúas sesións semanais de dúas horas cada unha. Abranguen un total de 30 horas do 1 de marzo ao 3 de maio.

Para matricularse, as persoas candidatas deben acreditar ter superado o nivel de certificación inmediatamente anterior ou acreditar acceso directo (ver titulacións).

O prazo de matrícula para este curso abrangue do 6 ao 27 de febreiro de 2023 ás 12:00, nesta aplicación en liña.

Deberán achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI por ambas caras.
  • Xustificante de pago das taxas e/ou xustificación da exención. Comprobe a información sobre as taxas.
  • Documentación de acceso ao nivel (só alumnado non matriculado nesta eoi)

Unha vez entregada a documentación, confirmarase a matrícula no curso.

Biblio-recomendacións

Hoxe, desde a Biblitoeca da EOI de Vilagarcía, iniciamos unha iniciativa de fomento da lectura. 

Retomamos as biblio-recomendacións de alumnado.

O sistema é ben sinxelo: cada semana o profesorado de garda selecciona lecturas por niveis que van no carro branco de aula. Cada semana un nivel! Básico inicia hoxe! A semana que vén intermedio, etc… e volta a iniciar. O profesorado titor leva o carro branco ás aulas e lle fai o empréstito ao alumnado en Koha, quen, alén do fondo, tamén levará unha tarxeta de biblio-recomendación. As tarxetas levan unha mini-guía para facer recomendacións na lingua de estudo, e logo as colgan no expositor da biblio.

A colaboración entre alumnado a través dos fondos de lectura e ás producións en lingua meta xúntanse nesta iniciativa que ademais permitiría integrarse como actividade de aula, e tamén tería cabida a levar estas biblio-recomendacións á producións orais na Radio na Biblio, na RadioMaré.

Preamar - Novo programa da Radio Maré, a radio da Biblioteca

A radio da Biblioteca da EOI de Vilagarcía, Radio Maré, inicia este mes de xaneiro un novo programa 'Preamar', da man de alumnado.

Aínda non coñecedes as nosas ondas? Ficade atentos!

 

 

Curso 2022/23: Constitución do Consello Escolar

O Consello Escolar da EOI de Vilagarcía de Arousa está formado no curso 2022/2023 por: 

- Membros do equipo directivo

  • María Teresa Lorenzo Penedo (directora)
  • Roberta Maschi (xefa de estudos)
  • Carolina Pérez Losada (secretaria)

- Sector do profesorado:

  • Luis Fernández Castro (profesor do Departamento de italiano)
  • Marta Gesto Quiñoy (profesora do Departamento de inglés)
  • Margarita Lendoiro Esmorís (profesora do Departamento de inglés)
  • Mª Goretti Rey Expósito (profesora do Departamento de inglés)

- Polo sector do alumnado:

Apresentação do livro Estou a estudar Português

Um livro feito a pensar em quem se aproxima do português a partir do galego ou do castelhano... Um autor com uma experiência alargada a ensinar português na Galiza... Uma visita de grande interesse para todxs.

Na quinta-feira 15 de dezembro às 19:45, no auditório da EOI, aula-lançamento de Estou a estudar português com Valentim Fagim.

A não perder...

Distribuir contido