Curso monográfico de inglés C1

 

Este curso monográfico está enfocado á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Consta de dúas sesións semanais de dúas horas cada unha. Abranguen un total de 30 horas do 1 de marzo ao 3 de maio.

Para matricularse, as persoas candidatas deben acreditar ter superado o nivel de certificación inmediatamente anterior ou acreditar acceso directo (ver titulacións).

O prazo de matrícula para este curso abrangue do 6 ao 27 de febreiro de 2023 ás 12:00, nesta aplicación en liña.

Deberán achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI por ambas caras.
  • Xustificante de pago das taxas e/ou xustificación da exención. Comprobe a información sobre as taxas.
  • Documentación de acceso ao nivel (só alumnado non matriculado nesta eoi)

Unha vez entregada a documentación, confirmarase a matrícula no curso.

AdxuntoTamaño
Copia de ACTIVIDADE expresión oral e escrita.png179.35 KB