Taboleiro de anuncios

CURSOS GALEGO: CELGA E LAG

Ábrese o prazo de preinscrición para os cursos de galego CELGA e LAG (linguaxe administrativa en liña) que se desenvolverán no 2º cuadrimestre. 

  • Prazo de preinscrición: do 13 ao 24 de novembro
  • Solicitude: en liña a través de www.eoidigital.com/preinslinguagalega
  • Asignación de prazas: 27 de novembro
  • Presentación de documentación: tamén en liña ata o 1 de decembro.

Consulta todos os detalles nesta ligazón.

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Gústaríache botar unha man na biblio, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 27 de outubro. 

Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura.

MATRÍCULA: PROBAS LIBRES

RESTRICCIÓNS MOBILIDADE: MUNDIAL DE TRIATLON

A cidade de Pontevedra acollerá a Gran Final Mundial de Triatlón do 20 ao 24 de setembro.

Dado que o epicentro da actividade é a Ponte dos Tirantes e o estadio do CGTD produciranse restriccións de mobilidade en certas rúas próximas á Escola. Consulta as ligazóns se adoitas usar o coche para desprazarte por Pontevedra:

EXAMPREP -THAT´S ENGLISH

Qué é o Examprep?

  • É un curso dirixido a persoas interesadas en preparar a distancia as probas de certificación.
  • O número máximo de persoas matriculadas no curso é 25.

Que curso oferta a EOI de Pontevedra e cales son as datas de comezo?

  • O curso EXAMPREP (nivel C1) impartido nesta escola comezará o día 25 de setembro e rematará o 21 de decembro.

Como funciona o curso?

  • O alumnado asistirá a 4 titorías por videoconferencia de 1 hora de duración en grupos de 5 persoas.

Quen pode acceder a este curso?

  • É requisito imprescindible residir en Galicia e ter 16 anos cumpridos no ano en que se inicien os estudos, Tamén poderán acceder as persoas de 14 anos se o idioma inglés NON é a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria.

Cal é o prazo de inscrición?

  • Do 11 de setembro ao 8 de outubro de 2023: cursos 1º cuadrimestre

Como me podo inscribir?

  • Realiza a inscrición por vía telemática a través da ligazón: https://examprep.thatsenglish.com
  • Accede á web do curso elixido e grava os teus datos persoais, selecciona a quenda de preferencia e acepta as condicións e a política de protección de datos.

Cal é a documentación requirida?

  • Terá 3 día laborables para presentar a seguinte documentación ao enderezo examprep@thatsneglish.com
    • DNI, NIE ou pasaporte.
    • Documentación acreditativa de residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

Canto custa o curso?

  • 150 euros que se aboarán exclusivamente por TPV virtual. 
  • O alumnado non terá que pagar as probas de certificación correspondentes ao nivel no que estea matriculado aínda que si deberá realizar a inscrición na convocatoria correspondente das probas de certificación.

Consulta máis información nesta ligazón ou chama o número 886 159 121.

PRAZAS VACANTES: ATA O 15 DE SETEMBRO

Aínda non te matriculaches? Agora ofertamos as prazas vacantes ata o 15 de setembro! Enche este formulario enviando un correo electrónico ao enderezo matricula.eoipontevedra@gmail.com.

Consulta os horarios e cursos así como a documentación requirida aquí.

IMPORTANTE: Consulte aquí os grupos que xa están completos. Non é posible a matrícula en:

  • GA-C2-1 e IN-C1.1-4 polo momento estes grupos está completos. Consulte a páxina nuns días por se houbese algunha renuncia.

Prefires estudar a distancia? Matricúlate no noso Programa That´s English.

CAMBIOS DE GRUPO

Precisas cambiar de horario ou de centro educativo? Aproveita o prazo para a realización dos cambios de grupo do 5 ao 9 de outubro.

Consulta todos os detalles sobre o procedemento premendo nesta ligazón.

CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

A Resolución do 13 de xuño de 2023 (DOG do 22 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos  en  liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA).

O prazo de solicitudes estará aberto do 3 ao 14 de xullo e farase en liña a través da aplicación www.eoidigital.com/preinslinguagalega. Consulta toda a información premendo nesta ligazón.

PROBA DE CLASIFICACIÓN: CURSO 2023-24

Se queres acceder a través dunha proba de clasificación (proba de nivel) podes ler máis premendo aquí.

Lembra que se es alumno/a do Programa That´s English atoparás a información relativa a matrícula na sección web correspondente.

CALENDARIO PROBAS: CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Xa está dispoñible para consulta o calendario de probas correspondente á convocatoria extraordinaria. Prema nas seguintes ligazóns segundo o centro onde realiza os seus estudos:

Distribuir contido