Axúdasnos a mellorar o funcionamento da Escola? Enche o formulario antes do vindeiro 3 de abril ás 20.00 horas. As túa suxestións son importantes. Participa!
Consulte nesta ligazón as datas e horas das probas de certificación correspondentes á convocatoria libre que terán lugar no mes de febreiro na nosa Escola.
Boa sorte a todas as persoas candidatas!
Ábrese o prazo de matrícula para os cursos intensivos do 2º cuadrimestre do 23 ao 27 de xaneiro ás 23.59 horas para o alumnado apto nos intensivos do primeiro cuadrimestre e para o alumnado de novo acceso. Consulte máis información sobre o procedemento.
Es docente e precisas mellorar a túa competencia lingüística en galego ou inglés? O CFR de Pontevedra ofréceche a posibilidade de formarte nun curso de 60 horas. Matricúlate desde a aplicación fprofe antes do 22 de xaneiro.
As clases dos cursos CELGA correspondentes ao segundo cuadrimestre comezarán a partir do 27 de febreiro:
Consulta os horarios dos cursos e os detalles do procedemento de matrícula nesta ligazón.
Andas na procura dun curso de alemán básico que che permita mellorar a túa empregabilidade? Aproveita esta oportunidade e matricúlate no curso de 60 horas "Alemán para o emprego".
Completa esta enquisa e axúdanos a mellorar a nosa oferta educativa o vindeiro curso 2023/24. Completa o formulario antes do vindeiro 7 de decembro ás 11.00 horas. As respostas son totalmente anónimas.
O vindeiro martes 29 de novembro ás 19.30 horas terá lugar a primeira xuntanza de representantes do alumnado no salón de actos da Escola. Se es delegado/a non esquezas asistir e achegar suxestións de mellora!
Se precisas total flexibilidade para estudar inglés o Programa a distancia That´s English é a mellor opción para ti. Traballa ao reu ritmo e se tes dúbidas, podes vir á Escola unha vez por semana para unha titoría. A matrícula estará aberta ata o 11 de novembro. Máis información.