2010-2011
GRANXA ESCOLA BERGANDO
O Martes 24 de Maio realizamos a excursión de fin de curso.
Este ano fomos á “Granxa-escola Bergando" en Negreira.
Chegamos cheos de ilusión e con moitas gañas de desfrutar:
Comezamos a mañá con xogos e manualidades:
Despois puxemos o delantal e convertidos en pequenos cociñeiros
fixemos unhas mini-pizzas moi ricas:
Co xantar repuxemos forzas para afrontar a tarde:
Visitamos o horto e os animais da granxa:
E por fin, nos tocou montar en cabalo!!!
Pasámolo moi ben!
Foi unha gran experiencia e como tal a plasmamos nos nosos debuxos:
- APIs de Blogue
TIÑAN OS DINOSAURIOS PARA BEBER A MESMA AUGA QUE TEMOS NÓS ?
Existe un elemento que ó longo de millóns e millóns de anos, uniu a tódolos seres vivos do noso planeta:
a AUGA.
Cando se formou, hai catro mil cincocentos millóns de anos, a Terra era una bola de magma en fusión con centos de volcáns activos na súa superficie. O magma, cargado de gases con vapor de auga, emerxeu á superficie grazas ás constantes erupcións.
Despois a Terra arrefriouse, o vapor de auga condensouse e caeu novamente en forma de chuvia; así comezou o ciclo da auga.
A chuvia encheu as depresións do planeta e creou os océanos.
Mil millóns de anos despois, nos océanos reuníronse as sustancias químicas que darían orixe á vida.
Desde entón, a mesma auga circulou unha e outra vez no planeta, orixinando e conservando a vida. Grazas ó ciclo da auga, que constantemente purifica este valioso elemento, hoxe gozamos da mesma auga que beberon os dinosaurios.
- APIs de Blogue
CONVIVENCIA
O VENRES 3 DE XUÑO AS ESCOLAS DE OUTEIRO E CUVIDE RECIBIRON A UN GRUPO DE ALUMNOS, ALUMNAS E MESTRAS DA ESCOLA DE AGUIÑO (RIBEIRA)
NA XORNADA DE CONVIVENCIA QUE COMPARTIRON HOUBO TEMPO PARA O XOGO, A APRENDIZAXE, O PASEO E A BOA ALIMENTACIÓN .
*
O XOVES DÍA 2, OS ALUMNOS E ALUMNAS DAS ESCOLAS DE CAPELA, OUTEIRO, CRUCEIRO E CUVIDE QUE VAN CAMBIAR DE CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR, COMPARTIRON UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO E PROFESORADO DO C.E.P. BREA SEGADE (TARAGOÑA).
OS ALUMNOS DE VACARIZA, QUINTÁNS, RAÑÓ, ABUÍN E PAZO REALIZARON TAMÉN UN ENCONTRO COS FUTUROS COMPAÑEIROS E PROFESORES DO C.E.I.P. CASTELAO (RIANXO) O VENRES 3 DE XUÑO
*
Ver
- APIs de Blogue
PIRAGÜÍSMO
OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO CRA DESPRAZÁRONSE O PASADO MÉRCORES 1 DE XUÑO ATA O VECIÑO CONCELLO DE VALGA PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜÍSMO.
CONSULTADE ESTA NOVA EN...
- APIs de Blogue
RIANXO E AGUIÑO
Este é un traballo entre centros, o ceip de Aguiño e as escolas de Cuvide e Cruceiro do CRA de Rianxo. Unha obra de arte conxunta.O primeiro paso foi pintar sobre cartón. E facerllo chegar a Aguiño.
A nos chegáronnos os de Aguiño e puxémonos mans á obra.
Así quedaron as nosas caras.
- APIs de Blogue
VOGANDO
O xoves 1 de xuño tiñamos programada a actividade "vogando polo Ulla" coa colaboración do clube de remo As Torres, pero as condicións meteorolóxicas e a baixada da marea, fixeron que tiveramos que desprazarnos a lagoa da telleira en Valga.
Iniciamos cunha introdución sobre o piragüismo
Preparamos un elemento fundamental: as palas
Preparámonos para vogar
En plena viaxe
Na recollida
Esta foi unha das actividades relacionadas co proxecto da auga que estivemos a desenvolver este curso.
CARREIRA DAS LETRAS
O Venres 13 de Maio festexamos as letras galegas cunha gran carreira en Campo Maneiro, xuntámonos con todos os nen@s do CRA e con algúns compañeir@s do CEP Brea Segade.
Comezamos os entrenamentos en Capela mentres agardábamos a chegada do autobús:
ao chegar acomodámonos para ver a carreira e cando a profe Jose deu a saída:
animamos sen parar,
corremos como campións,
cantamos e engalanamos o Maio,
homenaxeamos a Lois Pereiro,
recollemos a nosa medalla
e por último repuxenos as forzas perdidas.
Pasámolo moi ben, pero faltounos ver aos pais e nais da nosa escola correndo na carreira dos adultos. Aínda que non llo teremos en conta xa que nos acompañaron ao longo de toda a mañá e PROMETERON ANIMARSE PARA A CARREIRA DO 2012.
Como para iso aínda temos que agardar, mentres podemos desfrutar coas imaxes deste ano:
- APIs de Blogue
PIRAGÜISMO
O Mércores os nenos e nenas de primaria realizaron unha saída moi deportiva:atrevéronse co piragüismo.
Trouxéronnos estas fotos tan bonitas para compartir e para demostrar que están feitos uns expertos:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »