2010-2011
O RÍO TE, AO SEU PASE POR LAXE
NOME: Nuria |
DATA: 10 de abril do 2011 |
LUGAR: A Laxe (Taragoña) |
COMENTARIO Este é o río Te. Nace no monte da muralla, no municipio de Rianzo, cunha lonxitude de 9 kilómetros, e desemboca na ría de Arousa. Estas fotos correspóndense co río ao seu paso por Laxe, na parroquia de Taragoña. Como podedes ver hai moitos muíños nos que antigamente os veciños ían moer o millo.
|
- APIs de Blogue
A FONTE DE OR
NOME: Lara Vidal |
DATA: 3 de abril do 2011 |
LUGAR: A fonte de Or |
COMENTARIO Esta fonte foi feita no ano 1961, nunha aldea pequeniña da parroquia de Leiro. A súa auga fresca daba de beber a todos os que traballaban na veiga e á xente que pasaba por ese camiño.
|
- APIs de Blogue
A FONTE DE RIAL
NOME: Luis Somoza |
DATA: 27 de marzo do 2011 |
LUGAR: A fonte de Rial |
COMENTARIO Ola, chámome Luis e vou falarvos da auga: Nun recuncho do Rial atópase a fonte e o lavadoiro. Foron construídos fai anos. No verán collemos auga, fresca e sabe ben. Antes lavábase no lavadoiro. VISITÁDEA!
|
- APIs de Blogue
A FONTE
NOME: Sara Seijas |
DATA: 18 de marzo do 2011 |
LUGAR: A fonte |
COMENTARIO A fonte de Rañó (Leiro) foi reconstruída por os veciños en 1949. O tellado do lavadoiro foi reconstruído no ano 2006, polo Obradoiro de emprego. As mulleres antigamente ían lavar a roupa. Agora como hai lavadoras xa non lava ninguén. Na nosa casa bebemos todos os días auga da fonte de Rañó.
|
- APIs de Blogue
RÍO DO MAR
NOME: Sara Vicente |
DATA: 12 de marzo do 2011 |
LUGAR: Río do mar |
COMENTARIO Como xa podedes ver na foto isto era un muíño. Os meus bisavós e máis a xente de Leiro viña ao muíño a moer o millo que se plantaba no campo para despois facer o pan para comer.
|
- APIs de Blogue
O ÚLTIMO DÍA NA PRAIA DA TORRE...
PARA FESTEXAR A CHEGADA DO VERÁN E O ÚLTIMO DÍA DE ESCOLA
DECIDIMOS IR Á PRAIA.
E ASÍ O FIXEMOS, COLLEMOS CALDEIROS, PAS, ESPONXAS, XIRINGAS,...
E ALÁ FOMOS CON MOITAS GANAS DE PASALO BEN.
ALÍ ESTABAN TAMÉN OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS
DA ESCOLA DE CRUCEIRO (nenos/as, mestras, familias)
QUE NOS CONVIDARON A FESTEXAR CON ELES OS CUMPRES DO VERÁN.
MOITAS GRAZAS AMIGOS!!!
E AGORA SO QUEDA DESEXARVOS A TODOS UN BO VERÁN.
UN BICO, PAULA E ANA
- APIs de Blogue
FIN DE CURSO
O Mércores 22 de Xuño fixemos unha festa para despedir o curso.
Antes de que chegaran os convidados puxémonos mans a obra para telo todo listo:
Isto rematou, así que:
"Desexamos un bo verán para todos os compañeir@s, mestres e familiares do CRA".
Adicamos unha aperta especial aos compañeiros que nos deixan e recordámoslle que non se esquezan de facernos algunha visita o próximo curso.
- APIs de Blogue
ÍMONOS FACENDO MAIORES
O venres 17 de Xuño festexamos os aniversarios do mes: Ana e Nerea cumpriron 8 anos, Iria 7 e Noelia xa ten 6 anos.
Foi unha mágoa non poder festexar ao aire libre os aniversarios dos que naceron máis pretiño do verán ou mesmo no verán, pois algunha xa o estaba celebrando por adiantado!!!
Aínda así, pasámolo moi ben!!!
PARABÉNS CHICAS!!!
- APIs de Blogue
UN RESTAURANTE NA ESCOLA DE PAZO
NOS ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE, E PARA REMATAR
O TEMA DOS ALIMENTOS,
CONVERTIMOS A NOSA ESCOLA NUN RESTAURANTE.
EN PAZO INFANTIL FIXEMOS A COMIDA E EN PAZO PRIMARIA O POSTRE.
LOGO COMEMOS TODOS XUNTOS.
GRAZAS AS INDICACIÓNS DO NOSO XEFE DE COCIÑA QUEDOUNOS
UN MENÚ MOI SABROSO.
- APIs de Blogue
LIDIA FAI UN BISCOITO
ANTES DE REMATA-LO CURSO , LIDIA
FIXO UN BISCOITO CO AXUDA DA SÚA AVOA
E TROUXOO PARA COMER NA ESCOLA CON TODOLOS
SEUS AMIGOS.
(Estaba tan rico!!!).
GRAZAS LIDIA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »