Escola de Cruceiro
ONDE EU VIVO
Ola, son Andrea e,como vedes nesta foto,estou sentada co meu irmán no lavadoiro dun río que hai onda a nosa casa.
Onde eu vivo chámase o Burato e vou contarvos por que ese nome.
Ó pouco de irmos vivir ó Burato, un veciño que ten moitos libros antigos preguntoulle ó meu pai se sabía por que lle chamaban así ó lugar onde viviamos.
O meu pai respondeulle que non, e logo aquel señor díxonos:
" Pois ben, neste lugar moi, moi antigamente vivía un señor que tiña un pequeno burato nunha man e sempre lle dicían "o home do burato, o home do burato" e, ó longo do tempo, ese home morreu e seguíronlle chamando ó lugar "o burato, o burato".
E así foi cocmo o meu pai e todos os da nosa casa coñecemos o significado do lugar no que vivo.
Espero que vos gustase a explicación. Gústame moito onde vivo porque dende o meu cuarto podo ver o mar e moi cerquiña teño a praia. Tamén viven cerca de min as miñas compañeiras e amigas de cole Laura e Silvia.
Ai, por certo! O lavadoiro agora é novo pero antes estaba a carón do muro da nosa casa e tiña unhas pedras grandes nas que se lavaba a roupa.
Texto: familia de Andrea.
A BRUXA REGAÑADENTES
NA ESCOLA DE CRUCEIRO FIXEMOS VARIAS SESIÓNS DE PLÁSTICA A PARTIR DA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA EN ASADOS. NUNHA DELAS QUIXEMOS RETRATAR A BRUXA: O NARIS E O PETEIRO AFIADOS, OS DENTES DE FERRO, A MIRADA MALVADA E FALSA...
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE PUIDEMOS COPIAR NO ORDENADOR.
AMIGO DANIEL
DANIEL FIXEMOSCHE UN DEBUXO.ESPERARAMOS QUE CHE GUSTEN.Desi e todos nos
PARECECHE QUE SAICHES GUAPO?
BO NADAL! FELIZ ANO 2009!!
|
BO NADAL
E
FELIZ ANO 2009!!
LAURA, YAIZA, DESI, IRENE, PATRICIA, ANDREA, RUBÉN, SELENIA, SILVIA, CÉSAR, BORJA, JORGE, AITOR E SOL.
Presentación do Portal do C.R.A. de Rianxo na Escola de Cruceiro
O día 17 de Decembro as profesoras Paula e Sol, presentaron aos pais e nais da Escola de Cruceiro o Portal do Centro. Sol comentou a configuración xeral do Portal e logo pasou a comentar os contidos da páxina correspondente á Escola de Cruceiro.
A presentación na que estiveron tamén os nenos e nenas que axudaron a Sol na presentación dos contidos resultou un encontro moi agradable e entrañable, no repaso que a profesora fixo polas actividades relfectidas nos contidos da páxina.
A reunión rematou cunha convidación aos pais e nais a participar e a colaborar na páxina, aportando comentarios e suxerencias que axuden a mellorar a páxina, e o Portal do C.R.A. de Rianxo.
Tobías Betanzos Rego
- APIs de Blogue
UNHA CANTIGA POPULAR
A avoa Lola, cando era pequena, aprendeu dos velliños da aldea unha cantiga:
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
A avoa Lola aprendeulle ao seu neto Aitor unha cantiga :
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
Aitor estes días aprendeunos unha cantiga:
" BERBERECHO QUENTE,
AUGA DE NEIXÓN.
CANDO O POTE FERVE,
BÓTALLE RELÓN"
♥
Aitor e máis nós convidamos a avoa Lola á escola para cantarmos todos xuntos a cantiga. Cantamos, escoitamos o que nos contou Lola de cando era noviña e ía á escola e aprendemos que o relón é a casca que queda ó peneirar o millo moído.
♥♥♥
UN TIRAMISÚ ESPECIAL
JORGE, O NOSO COMPAÑEIRO, TROUXO Á ESCOLA UN TIRAMISÚ ESPECIAL.
É UN TIRAMISÚ ESPECIAL PORQUE O FIXO ANA, A SÚA MAMÁ, CAMBIANDO UN POUCO ALGÚNS INGREDIENTES : ELABOROUNO CON CHOCOLATE (NON CON CAFÉ) E ADEMAIS ENGADIULLE MOITO, MOITO AMOR.
POR ISO NOS SOUBO TANTO!
DE BOMBEIROS, MAGOSTOS, MÚSICAS, BIBLIOTECAS E ALMORZOS SAUDABLES
QUE TEÑEN EN COMÚN UN MAGOSTO E UNHA VISITA DE BOMBEIROS?
EN QUE SE PARECEN UNHA SESIÓN DE MÚSICA E UNHA DE BIBLIOTECA?
QUE RELACIÓN HAI ENTRE UN ALMORZO SAUDABLE, UN MAGOSTO, UNHA VISITA DE BOMBEIROS, UNHA SESIÓN DE BIBLIOTECA E OUTRA DE MÚSICA?
SODES QUEN DE DARNOS ALGUNHA RESPOSTA?
MENTRES PENSADES IDE MIRANDO ESTAS FOTOS...
|
|
|
|
|
|
TEMPO DE COGOMELOS
Vanesa, a mamá de Selenia, acompañounos outra mañá na escola. O pasado curso viñera explicarnos moitas curiosidades dos animais. Lembrádesvos ?
Desta vez veu falarnos dos cogomelos, que por algo estamos no tempo deles. Escoitándoa recordamos e aprendemos un montón de cousas asombrosas destes seres vivos. Sorprendeunos moito, por exemplo, descubrir que os cogomelos non son plantas, por eso non pertencen ó reino das plantas ( nin dos animais,claro ), senón ó reino dos fungos ( como as levaduras e o mofo ) e que os cogomelos fórmanos algúns fungos para poder reproducirse e asegurar a súa existencia na natureza. Asombroso, non si ?
Na próxima semán nós imos deixar apodrecer unha froita na escola para que o cogomelo que nos deixou Vanesa teña algúen do seu reino facéndolle compañía. Xa vos contaremos.
- APIs de Blogue
XA CHEGOU O SAN MARTIÑO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- seguinte ›
- última »