Escola de Cruceiro

RECEITA PARA ELABORAR CHULAS DE CABAZO

INGREDIENTES:

CABAZO, FARIÑA, LEITE.

ELABORACIÓN:

COCER O CABAZO EN AUGA.

 PASAR POLA BATIDORA.

ENGADIR UN POUCO DE LEITE.

MESTURAR CON FARIÑA ATA QUE ESTEA ESPESO.

POÑER A SARTÉN Ó LUME CUNHA PINGA DE ACEITE.

POÑER A MASA NA SARTÉN VOLTA E VOLTA.

SERVIR CON AZUCRE.

 

 

GUSTANME MOITO  AS CHULAS QUE TROUXO LAURA.SILVIA

SOMOS UNS LARPEIROS!

MÚSICA PARA DESPOIS DO SAMAÍN

Despois dos nervios e medos do Samaín, da gusto voltar á escola e comprobar que segue sendo un espazo de seguridade e tranquilidade para todos nós.

Hoxe Iria e Aldara viñeron tamén á escola, aínda que agora son xa chicas do instituto. Viñeron, acompañadas por Tobías ( Sarela non puido vir), cunha flauta traveseira e cun saxo soprano dispostas a ofrecernos un precioso concerto que nos fixo disfrutar da maxia da música e da alegría de sentirnos entre amigos.  

Iria e Aldara demostráronnos que son boas intérpretes musicais e  aínda mellores amigas. Chicas, moitas grazas e moitos bicos !!

   

O XEO SECO

GUSTANVOS AS VISITAS? E OS EXPERIMENTOS?

SE NOS ACOMPAÑADES NESTE HISTORIA DISFRUTAREDES CON NÓS E CON PURI ,A MAMÁ DE LAURA, DUN ASOMBROSO EXPERIMENTO ( SE O FUME QUE SAE DESTE VASO VOS DEIXA VER !)

SABEDES O QUE É O XEO SECO? NÓS NON O SABIAMOS, PERO PURI EXPLICOUNOLO AXIÑA:

" É XEO QUE EN VEZ DE FACERSE CON AUGA (COMO O DO CONXELADOR) FAISE CUN GAS Ó QUE PODEMOS CHAMAR CO2, ANHÍDRIDO CARBÓNICO OU DIÓXIDO DE CARBONO. ESTE GAS NON É OUTRO QUE O QUE EXHALAMOS  NÓS Ó RESPIRAR E O QUE ABSORBEN AS PLANTAS PARA REALIZAR A SÚA RESPIRACIÓN. O XEO QUE SE FAI CON ESTE GAS ESTÁ MOITÍSIMO MÁIS FRÍO QUE O QUE SE FAI A PARTIR DUN LÍQUIDO, TANTO QUE SE NON TEMOS COIDADO PÓDENOS QUEIMAR OS DEDOS Ó COLLELO "

NÓS QUEDAMOS  ASOMBRADÍSIMOS Ó ESCOITAR ESTA EXPLICACIÓN, PERO MOITO MÁIS AINDA CANDO OBSERVAMOS QUE Ó ENTRAR EN CONTACTO CO LUME ( DENTRO DA CABAZA ) OU COA AUGA ( DENTRO DO VASO ) O XEO SECO NON DEIXABA DE BOTAR FUME E MÁIS FUME.

PURI EXPLICOUNOS ADEMAIS QUE O XEO SECO  PÓDESE EMPREGAR  PARA CONXELAR MOSTRAS NOS LABORATORIOS ( COMO NO QUE TRABALLA ELA )  OU PARA MONTAR UNHA FUMAREDA NO PALCO DUNHA ORQUESTRA 

NOITE DE CABAZOS

   
" SON O CABAZO DO SAMAÍN.
SE NON TES MEDO...
MIRA PRA MIN !!"
( ESCOLA DO CRUCEIRO )
   
O MEU AVO CONTOUNOS  QUE  CANDO ERA PEQUENO POÑIA CABAZAS POLOS MUROS CANDO ERA DE NOITE E METIAN MOITO MEDO. Irene
O AVO DE PAULA  E IVAN TAMEN NOS CONTOU O DOS CABAZOS. ANDREA
NA ESCOLA FACEMOS  CABAZOS PARA ASUSTAR AS MAMAS OS  PAPAS E OS AVOS.JORGE
NA MIÑA CASA IMOS POÑER CABAZAS.SILVIA

ALGUÉN SABE ALGO SOBRE LIMÓNS CON DEDOS ?

Hai uns días Andrea trouxo á escola algo ben raro nas súas mans:

- " Parece un polbo " ( ou unha medusa ), dixemos. Pero vimos que non era.

- " Parece o gorro dun trasno ", dixemos tamén. Pero a pesar de que estabamos todos ben guapos se o puñamos enriba da cabeza, comprobamos axiña que aquilo non podía ser un sombreiro.

- " Ten un anaco de póla con algunha espiña, varias follas e un inmeeeeeeeenso arrecendo a limón ! ", fomos quen de observar.

Pois si. Aquilo ben podería ser un estraño limón con dedos ou patas, tal como lle dixeran ó pai de Andrea.

Pero... alguén de vós sabe algo sobre limóns con dedos?

LECCIÓN DE ORTOGRAFÍA PARA OS MAIORES

MIGUEL é un novo alumno do C.R.A. de Rianxo. Ten tres anos e está escolarizado na Escola de Cruceiro. Durante estes días escoitou moitas veces de Paula, de min e  doutras profesoras o importante que é "portarse ben"  ( saber compartir, estar tranquilo, escoitar o que nos din os demais...).

YAIZA ten cinco anos e empezou en setembro o seu derradeiro curso no C.R.A. Como ós seus compañeiros de aula, gústalle moito vestirse coas roupas e complementos que temos no armario. Hoxe decidiu poñer un colar e unha elegante capa vermella reberetada con fitas douradas.

Yaiza está no patio á miña beira e acércasenos Miguel.

- E voa? E voa?. Pregúntame Miguel sinalando a Yaiza.

Eu entendinlle:" É boa ? É boa ? ", e totalmente convencida contéstolle:

- Si, é boa ! Yaiza é moi boa ! e remato dándolle á nena un aloumiño.

Pero Miguel insiste, esta vez sinalando a capa:

- E voa? E voa ?

E, xa tendo claro que non debo confundir "voa" con "boa", nin " e " con "é ", respondinlle por fin:

- Pois non, non voa !!

Hata a prosima lecion, hamigos !!

Cáspistas ! Non sei se na despedida terei algún erro ortográfico. Se vedes algún, nos deixedes de correxirmo!

Un bico. Sol ( profe de Cruceiro )

ONDIÑAS VEÑEN E VAN...

NA FESTA DA GUADALUPE HABIA MOITAS BENGALAS NO CAMPO DE ARRIBA E NO DE ABAIXO.

OS NENOS E AS NENAS FUMOS AS COLCHONETAS , O DRAGON E OS COCHITOS.

NA ESCOLA CANTAMOS A RIANXEIRA:

ONDIÑAS  VEÑEN  E VAN......!!!!!

JORGE, RUBEN, DESI, IRENE, ANDREA E  TODOS NOS

 

UN BO EQUIPO DE TRABALLO

AGORA QUE ESTÁ A REMATAR O CURSO QUEREMOS AMOSARVOS PARTE DO EQUIPO DE TRABALLO DA AULA DOS  " MAIORES ".

DURANTE ESTES DOUS ANOS ESTIVERON OFRECÉNDONOS TODO O SEU APOIO EN TODO CANTO SE LLE PEDIU E MÁIS.

POR ESO, E PORQUE SON OS NOSOS PAPIS, MAMIS, AVÓS,TÍOS,...QUEREMOS

MANDARLLES UN

BICO

MOI GRANDE

 

 
 

IVÁN, LÍA, EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE E SOL.

XUÑO DE 2008.

FIN.

 

 

 

ESTUDANTES DE ZOOLOXÍA

Unha boa biblioteca a disposición dos estudantes sempre facilita o traballo.

Por eso, na escola do Cruceiro, nestes días nos que estamos a estudar os animais, procuramos que a nosa biblioteca nos proporcione os libros adecuados para complementar o noso traballo:

o que aprendemos observando, analizando e escoitando, comprobámolo e ampliámolo despois nalgún dos nosos libros.

Mirade, como exemplo, o que fixemos coa egagrópila que trouxo Lía da casa da madriña:

escoitamos o que Lía nos contou, abrimos a egagrópila e clasificamos o seu contido e consultamos a información que viña nos libros.

Que non sabedes o que é unha egagrópila ?

Pois, observade as fotos e lede a información...

                 
   
   
   

( " Las lechuzas tragan enteras pequeñas aves y otros animales, vomitando después el pelo, plumas y huesos en una especie de pelotita llamada egagrópila" La senda de la naturaleza. Pájaros. SM Ediciones.)

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.

ANIMAIS

TÓDOLOS ANOS ADICAMOS ALGUNHAS SEMANAS DE TRABALLO NA ESCOLA A OBSERVAR E ESTUDAR ÓS ANIMAIS. NESTE CURSO FOMOLO DEIXANDO PARA ESTAS DATAS FINAIS E, AÍNDA QUE XA TIVERAMOS ALGUNHA SESIÓN DE OBSERVACIÓN E INVESTIGACIÓN, NESTES DÍAS TIVEMOS O PLACER DE RECIBIR NAS AULAS ALGÚNS EXEMPLARES DE MAMÍFEROS, PEIXES, RÉPTILES, AVES, INSECTOS E ARÁCNIDOS( ADEMÁIS DAS MOSCAS, POLILLAS, FORMIGAS E ARAÑAS QUE NOS ACOMPAÑAN GRAN PARTE DO CURSO )

QUEREDES VER ALGÚNS DELES?. OLLADE...

   
   
   
   
                  
   
   
   
ADEMÁIS DE APRENDER POR NÓS MESMOS (OBSERVANDO, INVESTIGANDO,ESCOITANDO, PREGUNTANDONOS E RESPONDENDO), TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COAS EXPLICACIÓNS DA MAMÁ DE SELENIA, VANESA. GRAZAS!!  

Distribuir contido