2013-2014

A NOSA MORENIÑA!!!

ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN,

ONDIÑAS VEÑEN E VAN

NON TE EMBARQUES RIANXEIRA

QUE TE VAS A MAREAR

COMO BOS RIANXEIROS E RIANXEIRAS,

OS NENOS E NENAS DE PAZO DESFRUTAMOS NA NOSA SEMANA DE FESTAS:

VIVAN AS NOSAS FESTAS! VIVA A GUADALUPE!

 

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS

O CRA de Rianxo está a colaborar unha vez máis coa ONG "Solidariedade galega co pobo saharauí" nunha campaña de recollida de medicamentos para os campamentos de refuxiados en Tindouf.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán consultar o listado de medicamentos obxecto de doazón nas distintas escolas

INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

INÍCIASE UN NOVO CURSO NAS AULAS DO CRA DE RIANXO

ver

PAZO INFANTIL

CRUCEIRO 4 e 5  anos

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE QUINTÁNS

PECHE DA ESCOLA

Neste curso 2013-2014 pechou a escola de Vacariza, na parroquia de Isorna, despois de nacer grazas á xenerosidade dos veciños do lugar e levar en funcionamento medio século.

A comunidade escolar de Rianxo continou solicitando ata a primeira quincena do setembro á súa apertura en vista do incremento de matrícula previsto para os vindeiros cursos.

UN NOVO CURSO EN PAZO INFANTIL

UN ANO MÁIS OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL QUERÉMONOS PRESENTAR

E DESEXAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

UN BO CURSO.

 

NOVOS NENOS E NENAS..., NOVOS MESTRES E MESTRAS,...

PERO A MESMA ESCOLA, A NOSA....

A ESCOLA DE PAZO

 

Story time: Sally's picture

After having met Lisa, Ben, Sally and Peter; let's begin with the first story of the course. Sally loves drawing and Ben and Lisa love painting. Look what happens with Sally's picture. Click on Ben and Lisa to start.

VOLVEN AS NENAS E OS NENOS Á ESCOLA DE CUVIDE

Despois de que se tivese fumigado e limpado a Escola de Cuvide, mañá martes 17 xa poden volver os nenos e nenas a clase. Esperamos que todo vaia ben e non volvamos ter "visitas" pouco desexables. Para evitalo imos tratar de manter pechada a cancela do patio. Os gatos son moi seus e non nos farán caso, co que lles gusta saltar. Pero os cans seguro que quedan á porta se así llo indicamos. Unha boa porta trancada vaillo dicir moi clariño.

Continuaremos alerta, para axudar todos e todas a que non se repita. E en caso de que asi sexa, para poñer remedio o antes posible.

Grazas pola colaboración.  

POLA CONTINUIDADE DA ESCOLA



No inicio deste novo curso escolar os pais e nais da escola de Vacariza manteñen a súa firmeza en reclamar á Consellería de Educación a apertura da escola, e a este obxecto acordaron desenvolver as seguintes accións:
1. Seguir asistindo cos seus fillos e fillas á escola de Vacariza. Os nenos e nenas serán atendidos polos pais e nais.
2. Realizar unha concentración en Rianxo o sábado 14 ás 11:00h no Campo de Abaixo, diante do Concello.
3. Entrevistarse co Director Xeral de Centros o luns 16 de setembro.
4. Coordinar con todas as Asociacións de nais e pais dos centros de
ensino de Rianxo e coa "Asemblea pola defensa do ensino público da Barbanza" a difusión e apoio desta reivindicación.

O Claustro de mestres e mestras do CRA de Rianxo manifesta, unha vez máis, o seu apoio ás familias e veciños da escola de Vacariza

Welcome back!

Summer holidays have finished and a new school year begins. Some new children arrive, some stay, whereas others leave. This is a present for all of them, our favourite English songs. To watch the video type this PASSWORD: singwithus

Sing with us from Tamara Carreira on Vimeo.

INICIO DO CURSO 2013-14

De acordo co Calendario Escolar as actividades docentes comezarán o día 11 de Setembro. O horario para este día será de 10:00 a 12:00 horas.
A partir deste día o horario escolar será xa o horario normal, de 9:00 a 14:00.
Os alumnos e alumnas de novo ingreso deben atender  as instruccións do profesor/a titora a respecto dos horarios pois nos primeiros días do curso, o calendario escolar prevé que se poda adaptar o horario da xornada escolar.

LEMBRAMOS
Ser puntuais na entrada á escola
Avisar ao titor/a se un neno ou nena non pode asistir
Nos desprazamentos de entrada e recollida respetar as normas de seguridade vial.

O C.R.A. DE RIANXO SOLIDARÍZASE E APOIA ÁS FAMILIAS DA ESCOLA DE VACARIZA PARA MANTER ESTA ESCOLA ABERTA

BO CURSO 2013-14

Distribuir contido