2013-2014
CONVITE DE DANIEL
CON RAZÓN DICÍA DANIEL
QUE TIÑAMOS QUE IR A SÚA (NOSA) BIBLIOTECA ...
VISITA DE CARMELA
A NOSA AMIGA E VECIÑA CARMELA VEU VISITARNOS Á ESCOLA.
TROUXONOS ADEMAIS UN AGASALLO: TRES FLORES ÁS QUE DIXO QUE LLE PODIAMOS CHAMAR ESTERLICIAS OU AVES DO PARAÍSO, PORQUE ÓS SEUS PÉTALOS ABERTOS SEMELLAN A COLORIDA CRISTA DUN PAXARO TROPICAL
CARMELA, MOITO NOS GUSTARON A TÚA VISITA E O TEU AGASALLO !
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
A FESTA DO SAMAÍN
FESTA DO SAMAÍN
XA TIÑAMOS TODO PREPARADO : COÑECIDA A LENDA, SABIDAS AS COPLAS OU
CANTARES DE CEGOS, AS CANTIGAS, OS XOGOS, FIXEMOS UN FERMOSO CARTEL PARA
INVITAR ÁS FAMILIAS A FESTEXAR CON NÓS ESTA FESTA QUE QUEREMOS RECUPERAR E
PASÁMOLO MOI BEN.
- APIs de Blogue
PREPARANDO O SAMAÍN
PREPARANDO O SAMAÍN
ANTIGAMENTE OS NENOS E NENAS QUE AXUDABAN NAS LABORES DO CAMPO RECOLLENDO O MILLO E AS CABAZAS QUE ENTRE EL MEDRABAN, RECIBÍAN COMO AGASALLO UNHA CABAZA NA QUE TALLABAN , NA COMPAÑÍA DAS SÚAS FAMILIAS, UNHA CAVEIRA ARREPIANTE , SEGUINDO A TRADICIÓN DOS VELLOS POBLADORES CELTAS.
OS CELTAS DO BARBANZA, NA FESTA DO SAMAÍN ASUSTABAN CON CAVEIRAS AOS QUE ANDABAN POR ALÍ. |
NA ESCOLA DE OUTEIRO, SEGUIMOS A TRADICICIÓN, PERO AGORA UTILIZAMOS CABACIÑAS E MELÓNS. |
- APIs de Blogue
Grazas Daniel
Nestes días na área de Relixión nos propuxemos cambiar o debuxo que indica en que lugar se gardan os nosos traballos dentro da aula. Tiñamos nalgunhas aulas unhas etiquetas moi vellas que estaban moi estropeadas, e noutras aulas nen sequera tiñamos etiqueta. Polo que decidimos que xa era hora de facer unha nova. Entón a profe Celia non se lle ocorría que debuxo poñer, e un amigo noso se ofreceu a disfrazarse de anxiño, un amigo moi especial de todos os nenos e nenas do CRA, un amigo que sabe que en Reli traballamos con moitos contos e coas historias da Biblia, e que nos portamos moi ben! Este amigo que se nos ofreceu non é outro que Daniel, que se puxo todo guapo disfrazado de anxiño. Queredes ver como quedou a nova etiqueta? Pois mirade que bonita!
E despois de que Daniel nos fixera este agasallo tan bonito, nos tamén o quixemos agasallar a el pero decidimos que tiña que ser algo moi divertido, un agasallo especial co que Daniel o pasase moi ben. E decidimos disfrazalo de todo aquilo que se nos foi ocorrendo.
Os nenos máis pequenos colorearon de decoraron a Daniel disfrazado de anxiño:
Aquí podedes ver a galería de imaxes:
O máis maiores fixémoslle a Daniel moitos disfraces, aquí tedes uns exemplos:
A continuación podedes ver a galería de imaxes:
Pois aquí remata esta actividade tan divertida, esperamos que Daniel o pase moi ben coa súa nova colección de disfraces e nós, os nenos e nenas de Reli do CRA, nos lembraremos todos os días do noso amigo da biblioteca que nos invita, cada día, a descubrir o marabilloso mundo dos libros. Grazas Daniel!
Esperamos que vos gustase moito o noso traballo. Moitos biquiños e ata a próxima!
- APIs de Blogue
BUSCANDO CASTAÑAS...
NOA E LAURA SAIRON AO MONTE A RECOLLER CASTAÑAS.
E ADEMÁIS COLLERON COGOMELOS E OUTRAS FROITAS.
PERO COMO SE CHAMAN AS ÁRBORES? E SE HAI MOITAS XUNTAS?
CANTAS CASTAÑAS TEN UN OURIZO?...
E, PARA QUE QUEREMOS AS CASTAÑAS? QUE É O MAGOSTO?
QUE SE FESTEXA?....
AÍNDA TEMOS MOITO QUE DESCUBRIR.
- APIs de Blogue
VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL
QUE TAL NOS TIÑA PREPARADO O NOSO AMIGO DANIEL PARA A PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE CURSO!!!
UN CASTELO, OS SEUS DONOS, UNHA FIGUEIRA, PANTASMAS...
ESA ADOLFINA ERANOS ALGO COÑECIDA... E, O SEU HOME ERA MOI BO CONTANDO CONTOS, SABÍA MOITOS
DESTA VEZ CONTOUNOS A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
PERO NON QUEDOU AÍ A COUSA. BAILAMOS O RAP DE PELOSTORTOS
E AGASALLAMOS CUN CONTO A DANIEL,
UN CONTO DE MEDO: MONSTROPEDRA E MONSTROPELOS
- APIs de Blogue
SESIÓN DE MÚSICA
OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE PAZO, XUNTO COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE ABUÍN E RAÑÓ
ASISTIMOS Á PRIMEIRA AULA DE MÚSICA DESTE CURSO NA SEDE DO CRA DE RIANXO.
ALÍ NOS AGARDABA O NOSO MESTRE RUBÉN CUNHA SESIÓN BEN DIVERTIDA RECORDANDO
AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS, AO BERMIÑO VERDE, AS BAQUETAS,....
- APIs de Blogue
INVESTIGANDO: FORMAS DOS CABAZOS
HAI CABAZOS CON FORMA DE AVES,
CABAZOS COMA SERPES OU TARTARUGAS, COMA FLORES OU SOLES,
CABAZOS QUE SEMELLAN INSTRUMENTOS MUSICAIS,...
Aula de 4 e 5 anos
INVESTIGANDO: OBXECTOS DE CABAZO
COA CODIA SECA DOS CABAZOS FANSE, DE SEMPRE, DISTINTOS OBXECTOS.
NA ESCOLA PUIDEMOS XUNTAR TRES : DOUS INSTRUMENTOS MUSICAIS, UNHA MARACA E UNHA KALIMBA, E UN ELEGANTE BOLSIÑO
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »