2012-2013

A ERA DAS GRANDES CATEDRAIS

 

          Ao longo deste curso 2012-2013 os alumnos e alumnas de 2º de Primaria de Relixión do CRA nos embarcamos nunha viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Partindo da cosmogonía cristiana onde consideramos a Deus como o Creador da vida e do universo, comezamos a nosa viaxe nas orixes do tempo, seguimos as pegadas de Deus dende o Big Bang primixenio ata a Idade Media. Observamos como dende os tempos prehistóricos o home empezou a desenrolar a súa espiritualidade e as crenzas relixiosas, falamos das características esenciais da espiritualidade dos pobos castrexos e nos embarcamos na evanxelización de Galiza centrándonos na figura do Apóstolo Santiago como o principal artífice. 

Chegamos entón á ultima etapa da nosa viaxe: a Idade Media. O cristianismo chega a Península Ibérica a finais do século I, a xente empeza a achegarse a mensaxe de Xesús e se empezan a fundar as primeiras comunidades cristiás. Ao longo dos primeiros séculos se van constituindo as primeiras parroquias e se vai organizando a Igrexa , nombrándose os primeiros Bispos e Papas. Cando chegamos a Idade Media a Igrexa está plenamente constituida e preparada para predicar a mensaxe de Xesús por todo o mundo, pero si o cristianismo da Idade Media se caracteriza por algo e por ser a era das grandes catedrais.

 

A Idade Media é a etapa histórica onde floreceu a construcción dos grandes templos cristiáns. As catedrais son as igrexas principais de cada diócese onde reside o Bispo e o seu cabildo. A súa pranta principal ten forma dunha enorme cruz, aínda que despois se lle poidan ir añadindo anexos a modo de capelas. Normalmente a súa construcción completa tardaba varios séculos en executarse, este é o caso da Catedral de Santiago de Compostela unha das máis importantes do mundo, que a partires do núcleo orixinal sufriu grandes modificacións, polo que quixemos recuperar a fachada orixinal da Idade Media coloreando con acuarela un boceto da mesma:


  

 

As catedrais son parte ineludible da paisaxe do mundo occidental, polo que decidimos investigar a cerca da súas orixes, e descubrimos que a catedral máis antiga de España está en Galiza. Trátase da basílica de San Martiño de Mondoñedo, situada no municipio lucense de Foz,  no século IX foi sede de dous obispados do Reino de Galiza, un trasladado dende Braga en Portugal, e outro trasladado dende Bretoña, na provincia de Lugo.O edificio actual é románico de finais do século IX, os recios contrafortes son obra do século XVIII. Dende o ano 1931 está catalogada como BIC (Bien de Interés Cultural, figura xurídica de protección do patrimonio histórico español), no ano 2007 obtivo a categoría de basílica. Decidimos relizar un cadro da mesma, que coloreamos con témpera sólida:


 

 

galería de imaxes


 

      Coa reproducción destas dúas grandes catedrais galegas rematamos o nos proxecto "As orixes do cristianismo en Galiza", esperemos que desfrutedes moito do noso traballo. Un bico moi forte e ata o curso que ven.

      

 

Curiosidades ligüísticas:

Sabías que na súa orixe o termo catedral significaba "cadeira"? 

 A súa orixe esta no grego katedra, que significa “ cadeira", catedrático significa “o que pode sentarse”, e cátedra significa “ensinar sentado”. De ahí ven o nome de catedral entendida como o lugar dende onde o bispo exerce o seu maxisterio a todo o seu episcopado, maxisterio simbolizado na cátedra, que aínda que no seu orixe é unha “cadeira” pasa a simbolizar a máis alta capacidade docente.  É por isto que as catedrais tamen son coñecidas  como as sedes episcopais,  e tamén o Vaticano como a Santa Sede.  

 

 


PREMIO DO PROGRAMA A21

O PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL "AXENDA 21" VEN DE PREMIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO POLO TRABALLO REALIZADO DURANTE O CURSO ESCOLAR  ENCOL DO AFORRO ENERXÉTICO

O PREMIO CONSISTE NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON ANXO MOURE O VENRES 14 DE XUÑO E NA DOAZÓN DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL.

NORABOA POLO PREMIO E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO!

consulta as novas da sección
Aforro enerxético

OS PETRÓGLIFOS DE BEALO

ELISA VISITOU OS PETRÓGLIFOS DE BEALO, CERCA DE BOIRO

E TROXONOS ESTAS FOTOS PARA INVITARNOS ,

(COMO QUEDAN PRETO DE RIANXO)

A  VISITALOS

 

3ª E 4ª SEMANA DA FROITA

 

NA TERCEIRA E CUARTA SEMANA DA FROITA DEGUSTAMOS

SANDÍA, CEREIXAS, NECTARINAS, FRESAS, PLÁTANOS, MAZÁS, PERAS


COLORINS

DÍDAC TROUXO Á ESCOLA A COLORÍNS, O SEU INSEPARABLE.

CONTOUNOS COMO O COIDA, QUE COME,ONDE O TEÑEN, ...E  QUE PERTENCE Á FAMILIA DOS LOROS.

 

 

TAMÉN SE CHAMA AGAPORNIS, NOME QUE VEN DO GREGO AGAPE, AMOR, E ORNIS, AVE,

É DICIR, AVE DO AMOR.

DISE QUE OS INSEPARABLES SON MOI AFECTUOSOS E QUE FORMAN PARELLA PARA TODA A VIDA,

POR ISO SE LLES CHAMA ASÍ

ESTIVO CONNOSCO TODA A MAÑÁ DO XOVES E SE FACÍAMOS MOITO BARULLO,

ENFADÁBASE E PIABA FORTE.


 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE CONTAMOS  PICCOLO E NUVOLA,

TENRA HISTORIA DE AMIZADE ENTRE UN PAXARIÑO E UNHA NUBE,

QUE SE CONVERTEN EN EXPECTADORES DE FEITOS POUCO AGRADABLES RELACIONADOS COA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL...


TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

                                                   

                                                     O SOL: DIN QUE AO PRIMEIRO, EU CHORABA OURO.

                                                     A LÚA: E EU PRATA.

                                                     O SOL: E QUE FOI CON ESE OURO E CON ESA PRATA CO QUE SE FIXERON TÓDOLOS TESOUROS.

                                                     A LÚA: PERO UN DÍA DE TANTO QUE CHORAMOS, ESGOTOUSE UNHA COUSA E MÁIS A OUTRA.

                                                     O SOL: E NON TIVEMOS MÁIS REMEDIO QUE REMATAR CHORANDO O QUE  TODOS,

                                                     OS DOUS: AUGA!!

TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Roberto Vidal Bolaño


                                                                                                           

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


En todos os lugares do mundo celébrase o 5 DE XUÑO o Día Mundial do Medio Ambiente, designado polas Nacións Unidas, que ten como obxectivo aumentar a conciencia da necesidade de actuar para salvar a natureza.

Nas escolas do CRA estamos moi implicados nesta tarefa, a través das múltiples iniciativas que desenvolvimos neste curso para aforrar enerxía. Na escola de Rañó conmemoramos este día lendo as novas que as demais escolas recolleron na revista medioambiental do centro: "NO CRA DE RIANXO AFORRAMOS ENERXÍA".


Relixión fala

INTRODUCCIÓN

Durante este curso 2012-2013 á area de Relixión Católica do CRA de Rianxo, participa no proxecto “Rianxo fala”, proposto dende o IES Félix Muriel de Rianxo. A nosa intención foi relacionar este proxecto co PDI “Arqueoloxía: en busca das nosas orixes”, que traballamos no CRA durante este curso, polo que estudamos varios termos dende o punto de vista da lingua como patrimonio, lóxicamente dunha maneira sinxela xa que  hai que ter en conta que a idade dos nosos alumnos/as comprende a franxa dos 3-7 anos.

 Ao longo da programación da materia especialmente durante o 3º trimestre, os nenos e nenas de Relixión do CRA aprenderon cal é orixe lingüística de diversos obxectos relixiosos así como termos relacionados co concepto de parroquia entre eles os nomes das construccións católicas máis características de Galiza: igrexa, catedral, capela e cruceiro.

Ademáis neste curso se desenrolou para os nenos/as de 2º de Primaria de Relixión un proxecto titulado “As orixes de Cristianismo en Galiza”, integrado no PDI de centro “Arqueoloxía: en busca das orixes”. Este tema nos permitiu afondar tanto nos termos relixiosos referidos á arquitectura cristiá, centrándonos sobre todo no concepto de catedral como na orixe lingüística dalgúns nomes e topónimos relacionados coa evanxelización que se inicia en Galiza durante o século I; termos como Santiago, Compostela ou Padrón.

Dende o departamento de Relixión do CRA de Rianxo consideramos moi importante que se dé a coñecer e se utilice a terminoloxía relixiosa en galego, xa que cremos que o uso da nosa lingua debe fomentarse dende tódolos ámbitos, polo tanto a Relixión tamén fala galego. As Actividades que levamos a cabo na aula nos axudaron a entender como se foi formando a terminoloxía galega de carácter relixioso, de onde veñen estas verbas, de onde ven o seu significado, e tamén como moitas delas son formas latinas debido ás características específicas da linguaxe relixiosa en xeral.

 

EXPERIENCIA DE AULA

Esta actividade de investigación a cerca da linguaxe relixiosa se desenrolou en varias sesións dentro de dúas unidades da nosa programación.

UNIDADE 4 : “Que gran familia”

Nesta unidade adicada á Igrexa como a gran familia de Deus e ás parroquias, vimos unha presentación de power-point titulada “As nosas igrexas”; nesta presentación que se abría cun mapa das parroquias de Rianxo vimos as igrexas e as capelas de Rianxo, ademáis das catedrais galegas, polo que fumos comentando os diferentes tipos de templos cristiáns, e a orixe dos seus nomes. Ao final decidimos facer un catálogo das igrexas de Rianxo e o regalamos á Biblioteca de Daniel.


 

 

UNIDADE 6: “Gústanme as tuas cousas”

1ª sesión: Esta unidade está adicada a coñecer os distintos obxectos relixiosos que se usan na tradición e na liturxia  católicas, así como ao coñecemento básico da Biblia como libro sagrado dos cristiáns. Despois de ler un  conto introductorio titulado “O Libro de Felipe” (un conto donde aprendemos a valorar a importancia dos libros como fontes de coñecemento), nos adentramos no coñecemento da Biblia como o libro sagrado dos cristiáns, levamos á aula unha Biblia “de adultos”, para que os nenos a viran e a tocaran, comentamos moitas cousas sobre ela, e tamén falamos da orixe e significado do termo. Despois desfrutamos das historias da Biblia a través de versións infantis adaptadas.

   

 

 

    

2ª sesión: montamos na aula unha exposición de obxectos relixiosos, tanto de elementos que se usan na liturxia católica como obxectos relixiosos que se teñen nas casas e se usan no ámbito familiar.

     

     

    

Esta actividade tiña como obxectivo a "desacralización" dos obxectos relixiosos, pretendíamos que os nenos se acercasen a eles dun xeito natural, que os viran, os manipulasen, xogasen con eles… tratando de  despertar a súa curiosidade para coñecer os principais elementos da liturxia cristiá aos que poucas veces se ten acceso sendo xa parte da nosa cultura.

     

    

    

A medida que íbamos vendo os distintos obxectos os íbamos presentando, dicíamos o seu nome en galego e explicábamos a súa orixe lingüística a partires do seu significado, e tamén falabamos da súa funcionalidade.

        

 

  

 

3ª sesión: os nenos máis pequenos colorearon un debuxo dun obxecto relixioso, os máis maiores fixeron un debuxo do obxecto que máis lle gustou, e ecribiron o seu nome en galego.

        

     

   

P.D.I. “As orixes do Cristianismo en Galiza”: ao longo de todo o curso desenrolamos este proxecto cos nenos e nenas de 2º de Primaria, embarcámonos  nunha viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Partindo da cosmogonía cristiana onde consideramos a Deus como o Creador da vida e do universo comezamos a nosa viaxe nas orixes do tempo. E observamos como dende os tempos prehistóricos o home empezou a desenrolar as crenzas relixiosas, estudamos a evanxelización de Galiza e rematamos a nosa viaxe na Idade Media, a era da construcción das grandes catedrais. Ao longo deste camiño fumos traballando a orixe dalgúns termos relacionados coa pegada que o feito relixioso foi deixando na nosa lingua.

Todas as actividades que fixemos están recollidas no noso portal-web , e o que investigamos sobre a orixe e significado dos distintos termos, aparece nas actividades  baixo o epígrafe de curiosidades lingüísticas podedes atopar estes traballos no noso libro-web Desenterrando o pasado ou en Educación Relixiosa.

 

LISTAXE DOS TERMOS TRABALLADOS

 

A BIBLIA

BIBLIA: libro sagrado dos cristiáns, que significa “conxunto de libros”. A orixe deste nome está no grego biblía plural de biblíon  que significa "papiro ou rollo"  ou  e  por extensión "libro" . Dita expresión foi empregada polos hebreos helenizados (aqueles que vivían en cidades de fala grega) moito tempo antes do nacemento de Xesús de Nazaret  para referirse ao Antigo Testamento . Moitos anos despois empezou a ser utilizada polos cristiáns para referirse ao conxunto de libros sagrados que forman a Biblia que hoxe coñecemos.  Dita palabra pasou ao latín como un cultismo, e o que nun principio era un termo neutro plural acabouse convertindo nun feminino singular  entendendo o nome de Biblia como o nome propio de todo o conxunto.

A Biblia é o libro máis traducido do mundo. Ao longo dos secúlos tivo moita influencia tanto na cultura en  xeral como na linguaxe, por iso en galego ao igual que en outras linguas, existen gran variedade de expresións populares  que teñen o seu orixe nos relatos bíblicos, como por exemplo: “pasar as de Caín”, “Estar caendo un diluvio”, “Ser mais vello que Matusalén”

 

OBXECTOS RELIXIOSOS

COPÓN: obxecto relixioso católico no que se garda a comunión dentro do sagrario. Ten a forma dunha copa máis ancha que alta e cunha tapa rematada nunha cruz. Este termo ven do latín cibus que significa “comida”, en referencia ao “pan celestial” que garda dentro, tamén se lle chama ciborio que ven do grego kiborion que significa “copa”.

CÁLIZ: copa que se utiliza nas celabracións católicas como contedor do viño que representa o sangue de Cristo. Ven do latín calix, calicis que significa “copa”.

CUSTODIA: obxecto relixioso católico no que se garda a comunión para expoñela ao público durante as novenas ou a celebración da Festa do Corpus Christi (principalmente). O seu nome ven do latín custos, custodis que significa “guardian”. Tamén se lle chama ostentorio que ven do verbo latino ostentare que significa “mostrar”.

PATENA: Obxecto relixioso con forma de platiño redondo ou ovalado que se utiliza durante a celebración da Eucaristía para apoiar a comunión xa consagrada. Como se utiliza para pousar o Corpo de Cristo o sacerdote debe limpala  despois de cada celebración, sempre debe estar moi limpa de ahí xurde a expresión popular de orixe relixiosoEstar limpo como unha patena”. O seu nome ven do latín patena.

CRUCIFIXO: é o obxecto relixioso cristián por excelencia e o máis universal, trátese dunha cruz coa imaxe de Xesús. Está recoñecido en todas as confesións relixiosas cristiás como o símbolo de Xesús máis importante. A súa orixe está no latín crucifixum, participio do verbo crucifigiere  significa “fixado na cruz”.

ROSARIO:este nome fai referencia a dous termos relixiosos, por unha banda ven sendo un rezo tradiconal católico e por outra banda designa ao obxecto que se utiliza para este rezo. Xunto co crucifixo, este obxecto relixioso é quizáis o máis común e coñecido da confesión católica: consiste nunha especie de sarta  de contas que están separadas cada dez por outras de distinto tamaño e a sarta está unida polos seus dous extremos a unha cruz. 

A orixe do termo esta ligada á figura de santo Domingo de Guzmán,  aínda que se sabe que séculos antes do nacemento deste santo xa existían sartas con contas para axudar aos monxes a contar as oracións que recitaban de xeito repetitivo e metódico, elaboradas en Inglaterra virían sendo unha especie de rosarios primitivos.

Considerase a Santo Domingo o “inventor” do rosario a raíz dunha visión que tivo. A historia conta que a Santísima Virxe se lle apareceu en soños mostrándolle una bella grilanda de rosas mentres rezaba e lle pedía que lle ensinara a rezar á xente. Nesta grilanda está tanto a orixe do termo como a forma do obxecto xa que a palabra Rosario ven do latín rosarium que significa “rosal”, e a sarta de contas que forma o Rosario ten a forma dunha grilanda.

BOTAFUMEIRO OU INCENSARIO: receptáculo que se usa nas celebracións relixiosas para queimar o incenso, que se prende e se fai ventilar para propagar o seu aroma.

A palabra incensario é un derivado de incenso que ven do latín incensum,  participio do verbo incendere, que significa “encender”. O incensó é unha preparación de resinas aromáticas vexetais   , ás que a menudo se lle engaden aceites esenciais  de orixe animal ou vexetal, de forma que ao arder desprenda un fume  fragante, na Igrexa Católica normalmente se adoita queimar en forma de pó.

O termo popular para referirse ao incensario é Botafumeiro, nome co que se coñece ao gran incensario que ten a catedral de Santiago de Compostela e que xa é un símbolo tanto da propia catedral como da cidade en sí.

 

RELIXIÓN  CASTREXA:

LUAR: Según Rof Carballo a crenza popular en Galiza de que a Lúa co seu luar preña as mulleres pervive dende a época pre-romana. A explicación a encontramos na relixiosidade dos pobos castrexos, porque na tradición castrexa e celta a Lúa non era unha deusa feminina como na tradición romana, senón que era un deus masculino chamado Gealach, e aínda que o termo que chegou ata nós para referirnos ao gran astro nocturno ven do latín lux, lucis (luz), sendo  lúa un  termo de xénero feminino que significa "luminosa" ou "a que ilumina", o xénero masculino seguiu pervivindo nas nosas conciencias a través da masculinidade que lle atribuimos ao luar.

 

EVANXELIZACIÓN DE GALIZA:

Na tradición da evanxelización de Galiza non podemos obviar a lenda sobre o traslado miragroso do corpo do Apóstolo a Galiza e sobre a fundación da cidade de Santiago de Compostela. Neste relato de tradición relixiosa cristiá se atopa a orixe de dous topónimos moi cercanos a nós: Compostela e Padrón. Do mesmo xeito explicamos a orixe do nome de Santiago e porque existe tanta variabilidade de formas.

NOMES PROPIOS:

SANTIAGO: os nomes de Iago, Santiago, Xaime e Xacobe son todos o mesmo. Todos veñen do latín Iacobus que á súa vez ven do hebreo Yaakov que e o nome orixinal do Apóstolo Santiago, pero entón como é posible tanta variación? Pois porque xa en latin convivían duas formas para referirse ao Apóstolo Iacobus como xa dixemos, e Iacamus.

TOPÓNIMOS:

COMPOSTELA: o termo Compostela se cre que ven do latín campus stellae que significa "campo de estrelas" en referencia ás luces que segundo Paio (o hermitaño que descubriu a tumba do Apóstolo) brotaban do mausoleo cando foi descuberto no bosque Libredón e que brilaban tanto coma estrelas.

PADRÓN: conta a historia que os discípulos de Santiago que transportaban o seu corpo, entraron en Galiza polo río Sar e que ataron a barca na que chegaron a un pedrón que atoparon á altura de Iria Flavia para seguiren o camiño a pé. Pois este pedrón que significa "pedra grande" deu nome ao lugar ao que hoxe coñecemos como Padrón. Pedrón e un derivado de pedra que ven do latín petra e significaba "rocha".

 

CONSTRUCCIÓNS:

IGREXA: o termo igrexa ven do latín ecclesia,  que a súa vez ven do grego ekklesía, significa “ asamblea" ou “congregación de xente”. Co tempo este termo empezou a usarse para referirse a congregación dos cristiáns e por extensión aos seus templos.

CATEDRAL: a súa orixe esta no grego katedra, que significa “ cadeira", catedrático significa “o que pode sentarse”, e cátedra significa “ensinar sentado”. De ahí ven o nome de catedral entendida como o lugar dende onde o bispo exerce o seu maxisterio a todo o seu episcopado, maxisterio simbolizado na cátedra, que aínda que no seu orixe é unha “cadeira” pasa a simbolizar a máis alta capacidade docente.  É por isto que as catedrais tamen son coñecidas  como as sedes episcopais,  e tamén  o Vaticano como a Santa Sede.  

CAPELA: o termo capela ven do latín tardío capella,  que significa “ capa pequena". Que este termo pasase a denominar un edificio cristián parte da historia sobre a capa de San Martín de Tours. Según nos conta a historia San Martín donou un pedazo da súa capa a un pobre, converténdose co tempo  nunha reliquia do santo sobre a que se erixiu un pequeno templo. A partires de entón se empezou a denominar con este nome a todos os templos pequenos das mesmas características. No noso CRA temos unha escola que recibe este nome "A escola de Capela", cremos que a orixe do seu nome está en que tivo que existir ou existe unha capela nas inmediacións do lugar. 

CRUCEIRO:a palabra cruceiro ven do latin crux, crucis que significa “cruz”, á que se lle engadiu o sufixo “-eiro”, formando a palabra cruceiro. Os Cruceiros son monumentos relixiosos cristiáns moi característicos de Galicia que se colocaban normalmente nos cruces de camiño para lles dar protección aos viaxeiros. Os máis antigos datan do século catorce. No noso CRA temos unha escola que recibe este nome " A escola do Cruceiro", creemos que a orixe do seu nome está no cruceiro que ten diante. Outras palabras relacionadas que teñen a súa orixe no latín crux, crucis son: cruzar, encrucillada ou crucifixo.

 

FIN

 

 

 

 

 

Distribuir contido