2012-2013

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" DO CRA NO CAMPING DE RIANXO

O domingo 23 as familias do Cra celebramos a nosa festa de fin de curso no parque de aventuras do camping de Rianxo, na Praia do Porrón e no monte dos arredores.
Unha gran familia feita de familias máis pequenas

A MOCHILA QUE VIAXOU ÁS CASAS

ESTE CURSO DANIEL AGASALLOUNOS CUNHA MOCHILA.
NO SEU INTERIOR DESCUBRIMOS CONTOS, DVD, MÚSICA, LIBROS DE HISTORIA, BIOGRAFÍAS,... LIBROS E MATERIAL PARA NENOS E MAIORES.
É UNHA MOCHILA QUE VIAXOU ATA AS NOSAS CASAS, ACOMPAÑOU A TODA A FAMILIA NO REDESCUBREMENTO DO NOSO PASADO E REGRESOU Á ESCOLA CARGADA DE BASTANTES DEBUXOS, UN MONTÓN DE HISTORIAS E MOITO, MOITO CARIÑO

 

 

REGRESO DO NAVEGANTE

FRANCISCO, O NOSO NAVEGANTE DO MAR MEDITERRÁNEO VOLVEU A TERRA E TROUXONOS MÁIS HISTORIAS DE TARTARUGAS, DELFÍNS E BARCOS QUE SE MOVEN DE MÁIS.
PERO TROUXO TAMÉN O QUE NOS PROMETERA: AUGA DO MAR EXTRAÍDA A UNHA PROFUNDIDADE DE CASE 4.000 METROS

DRAKKAR

CANDO IMOS DE EXCURSIÓN, GÚSTANOS CRUZAR A PONTE DE CATOIRA E VER OS BARCOS VIKINGOS ALÍ ANCORADOS. INTENTAMOS SEMPRE DISTINGUIR OS DRAGÓNS QUE ADORNAN O MASCARÓN DE PROA.
É PRECISAMENTE A FIGURA DO DRAGÓN A QUE LLE DEU NOME A TODO O BARCO.
A PALABRA "DRAKKAR" É UNHA TRANSFORMACIÓN DUN ANTIGO TERMO ISLANDÉS PARA NOMEAR AOS DRAGÓNS

SOBRE A IDADE MEDIA

1

PENSADES QUE OS CABALEIROS MEDIEVAIS PODÍAN CABALGAR VELOZMENTE NUNS BRIOSOS CABALOS?

POIS TÍÑANO DIFICIL, POIS O PESO DAS SÚAS ARMADURAS E AS SÚAS ARMAS IMPEDÍAN QUE OS CABALOS GALOPASEN LIXEIROS

2

AS RATAS, PRESENTES EN TODAS PARTES, TRANSMITÍRONLLE ÓS HABITANTES DO MEDIEVO ENFERMIDADES TAN TERRIBLES COMA A PESTE NEGRA

3

SÓ OS NOBLES PODÍAN DEIXAR MEDRAR O SEU PELO.
OS CAMPESIÑOS TÍÑANO QUE TER SEMPRE CURTO.

CLUB DE LECTURA INFANTIL

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA CELEBROU A DERRADEIRA SESIÓN NESTE CURSO ESCOLAR DO SEU CLUB DE LECTURA.
A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NA AREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO O MÉRCORES 19 DE XUÑO E CONTOU COA ASISTENCIA DE MEMBROS DA ASOCIACIÓN AMICOS

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA INFANTIL DO CRA DE RIANXO.

Despois de ter levado contos, música e cariño a todas as escolas co Cra, chegou a hora de celebrar na Escola de Cuvide a última sesión deste curso do Club de Lectura Infantil do Cra de Rianxo. Se chove abrigarémonos nesa escola e contaremos alí os contos e escoitaremos a trompeta de Uxía. Pero se non chove reunirémonos un pouco máis arriba, en Campo Maneiro. Como isto está ao lado do Colexio Brea Segade de Taragoña, seguro que se achegan nenas e nenos desa escola. Tamén virán membros da asociación AMICOS, unha asoción da Barbanza sen ánimo de lucro que acolle a familias de Persoas con Discapacidade Intelectual e que trata de mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias. 

VÉMONOS ALÍ! 

PARABÉNS! CHEGAN NOVAS FAMILIAS. BENVIDAS AO CRA!

Esta tarde ides achegarvos á Sede de Asados novas familias cheas de ilusión, e algúns temores, porque vindes informarvos de como é o lugar onde se van escolarizar os vosos meniños e meniñas. A ANPA "Irmáns Ínsua" queremos felicitarvos por ter escollido o Cra de Rianxo porque é unha escola na que as vosas crianzas se van sentir moi a gusto xa que serán atendidos por moi bos profesionais. Van estar moi ben coidadas, van recibir moito cariño e van aprender moitas cousas que levarán con eles toda a vida. Desde agora poñémosnos á vosa disposición para todo o que precisedes e animámosvos a que vos asociedes a nós. A Anpa "Irmáns Ínsua" somos unha asociación de Nais e Pais que temos algún fillo ou filla estudando no Cra de Rianxo e que nos unimos para, entre todas e todos, tratar de que a escola dos nosos fillos e fillas sexa mellor. O máis importante é que entendades que a ANPA non é un organismo alleo que nos organiza, non é unha institución que faga cousas por nós, non é un colectivo que nos apoia. 

A ANPA SOMOS NÓS

Nestes momentos temos varios proxectos inmediatos abertos: o Club de Lectura Infantil da Escola de Cuvide que se celebrará mañá mércores ás cinco e media en Campo Maneiro (Taragoña), a campaña para tratar de impedir que peche a Escola da Vacariza, a festa de Fin de Curso no parque de aventuras do Camping de Rianxo e a participación no Festival Xoubajazz con dúas sesións de contacontos e obradoiros impartidos por familias do Cra.

Animámosvos a participar activamente na educación das vosas fillas e fillos.

O tempo que lles dedicamos ás nosas crianzas sempre é o tempo mellor aproveitado! 

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes de Xuño,

e xa por adiantado os de todos e todas as que naceron no verán:

Iker G.,Breogán, Ezequiel festexaron os 4 anos,

Kiara e Félix os 5 e Noe os 8!!!

(Iker T. e Isabela perdéronse a festa

porque estaban enfermos.

Felicitarémolos noutro momento)

PARABÉNS CHIC@S!!!

Nesta ocasión puidemos facer a festa fóra,

pois o sol, que este ano está un pouco vago,

decidiu acompañarnos.

Aínda que non veu só, o vento tamén se pasou

pola festa e complicounos o momento de soprar as candeas.

Pasámolo moi ben e xa postos en acción demostramos,

sobre un esceario improvisado, que estamos preparadísimos

para asistir ao concerto do martes.

O día foi moi axetreado, pois xa pola mañá

nos visitara Anxo Moure con moito que contar.

Pasámolo moi ben!!!

Distribuir contido