MAIOS

CHEGOU O DÍA DE PÓR OS MAIOS NAS PORTAS...

ver os maios na

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

meigas fora!

Ola chicos e chicas grazas por lembrarme que hoxe era o día de por o maio na portas para escorrentar os meigallos. Tan pronto vin a nova no portal eu a máis a miña nena fomos correndo a leira dun veciño a buscalos para poñelos na porta da nosa casa!

E como aquí en Boiro (porque nós somos de Boiro) os veciños teñen costume de poñerllos aos coches, pois alá fumos nós tamén a poñelos no noso coche:

E sabedes unha cousa? na miña familia temos costume de poñer na porta da casa xunto cos maios unha ramiña de oliveira bedicida que gardamos dende o día de Domingo de Ramos e unha ramiña do Toxo da Envexa, faciao a miña avoa, faino a miña nai e agora o fago eu, e algún día espero que tamén o faga a miña nena na súa casa. Vedes? isto é o bonito das tradicións populares que pasan de xeración en xeración, e non podemos permitir que queden no olvido. Bueno pois nada máis, a ver se quedamos ben protexidos da mala sorte ata o vindeiro ano. Moitos biquiños, quérovos moito.