Fontán
PROPOSTA DE ACTIVIDADES RECICLAXE
Posted Maio 18th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades sobre a importancia da reciclaxe. Unha das noticias destes días é a contaminación debido a tirada de guantes e máscaras para a cara nas rúas, ríos, sumidoiros... Se queremos un planeta limpo debemos ser conscientes de onde debemos tirar o lixo, e traballar as 3 R: reducir, reciclar e reutilizar. Para ser unha coidadora/ coidador do planeta, tira o lixo no seu colector. Saúdos heroínas/ heroes da reciclaxe!!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5769090-reciclaje.html
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
LETRAS GALEGAS E FAMILIA
Posted Maio 15th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Hoxe é o Día Internacional Das Familias, promovido pola ONU para crear conciencia sobre o papel das familias na educación das fillas e fillos, desde a infancia ata a idade adulta. Unha familia non a define quen a compón senón os sentimentos que existen entre os seus membros. Tras a situación acontecida nestes meses pasados, afamilia, o seu valor e os seus sentimentos deron un novo sentido as nosas vidas, espero que non se nos esqueza nunca estes días vividos e as experiencias que mantivemos nas casas, as veces escondidas, valoremos o que a vida nos regala. Con motivo deste día podedes ver o vídeo "Miña familia é fenomenal e baixo o mar a podedes atopar" elaborado polo Equipo de Dinamización TICs.
Aproveito para informarvos de que o día 17 de maio, ademais de ser o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", é tamén o DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE, polo que Caselín, mascota da biblioteca de centro, vos achega na sección "Recomendámosche" da páxina web unha actividade moi interesante. Non deixedes de mirala, e participade!!
Ademais na páxina principal podedes visualizar un vídeo editado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre a actividade "Un mar de palabras". Moitas gracias a todas e todos, saúdos!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Posted Maio 13th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades sobre o conto "As pitas baixo a choiva". Ademais recordovos que nos apartados das especialidades podedes atopar moitas cousiñas interesantes para facer na casa. Un saúdo para todas e todos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Posted Maio 11th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Comezamos a semana. Este domingo 17 de Maio é o día das Letras Galegas, dedicado ao autor Ricardo Carvalho Calero. Achégovos unha proposta que vos anima a coñecer un pouco máis deste autor e as súas obras.
Tamén aproveito para informarvos de varias actividades que están abertas: unha está no apartado de biblioteca en "Recomendámosche", titulada "O baúl dos contos". Outra está na páxina principal, esta actividade achéganola o Equipo de Dinamización da Lingua Galega "Un mar de palabras". Animádevos a participar!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROPOSTA DE ACTIVIDADES "NO MEU CUARTO"
Posted Maio 8th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades para facer na casa. Recordarvos tamén que no apartado das especialidades tedes moitas propostas interesantes, non deixedes de miralas!!! Saúdos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »