Picoña

Feliz San Martiño!!!

Boas familias!! que tal estades??

 

Nos a verdade é que estupendamente. Esta semana o pasamos fenomenal!! O xoves celebrámolo Magosto, e os compañeiros e compañeiras de Barreiro invitáronnos a pasalo con eles na súa escola; así que en seguida nos puxemos mans á obra, para prepararlles un regaliño.

 

 

Despois de pintar as castañas e as follas para decorar os castañeiros que lles queriamos regalar aos compis de Barreiro, tivemos que porlle os nomes, para saber de quen era cada un.

 

 

 

Ao chegar a Barreiro fixemos un xogo para aprendernos todos os nomes, e así saber a quen lle fixeramos o regalo cada un, jajaja.

 

 

 

Tamén preparamos uns choripáns para merendar; cousa que foi súper divertida. Estirala masa... xogar a esconder o chourizo... Grazas profe Ana, por facérnolo pasar tan ben.

 

 

 

E por suposto papamos. Papamos abondo, que estaba todo boísimo!!

 

 

 

Grazas colaboradores por facernos unhas castañas tan estupendas!!!

 

 

 

Barreiro!! Estámosvos esperando de volta!!

 

 

A vendima na Picoña

 

Boas familias!!

Aquí estamos de novo para contarvos algunha das cousas que van pasando pola nosa parroquia. E sabedes que? Hai algúns días as profes volvéronse un pouco loquiñas, e empezaron a tramar algo mentres todas as nenas e nenos xogabamos no patio...

 

Para que serviría iso?? A nosa curiosidade foi en aumento a medida que iamos vendo de que se trataba.

  

 

Unha vez estivo montado, déronnos tixeiras e dixéronnos que tiñamos que pañar tódolos acios das uvas.

  

 

 

Logo separámolas uviñas nos tinóns: un para as uvas brancas e outro para as tintas.

  

 

 

Por suposto, despois pisámolas!! Foi super divertido, aínda que algún non lle apeteceu probala experiencias.

  

                                       

 

 

E por suposto, por último, probamos o noso mosto!! Saiunos unha colleita realmente deliciosa!!!

 

E xa temos argallada unha nova... así que non vos perdades a nosa próxima publicación!!

Benvidas e benvidos a un novo curso na aula de Picoña

 

Benvidas familias!! Benvidas pequenas e pequenos!!

 

Comeza un novo curso na aula de Picoña... moitas caras novas... profe nova.... pero esperamos que este curso sexa fantástico!!

 

Todos traemos moitas ganas, así que comezamos coñecendo os espazos: a zona do xogo simbólico coa cociña, o médico e os bebés... a zona dos animais coa súa alfombra de céspede... Pero non hai dúbida de que un dos preferido é PATIO!!

 

 

 

Tamén lles queremos dar moitísimas grazas ás familias polas doazóns recibidas, encántannos!!    

 

   

 

E tamén imos coñecendo e experimentando algúns materiais... pouco a pouco iremos amosando máis cousiñas, pero xa vedes que somos grandes ARTISTAS!!

 

 

Esperamos que vos vaia gustando o pouquiño que poidamos ir compartindo por aquí. Lémonos na próxima entrada!!

 

 

 

XUÑO

DISFRUTADE DO VERÁN!!!!!!!

 

 

MAIO

ÁFRICA

 

 

 

ABRIL

BENVIDA PRIMAVERA!!!!!!

 

MARZO

8 DE MARZO

DÍA DA MULLER

FEBREIRO

FELIZ DÍA DO AMOR!!!!

DECEMBRO

DENDE A ESCOLA DE PICOÑA QUEREMOS 

QUE SE CUMPLAN TODOS OS VOSOS DESEXOS E TEÑADES UN 

BO NADAL!!!!!


 

 

 

NOVEMBRO

SABOREANDO O OUTONO

 

Na escola de Picoña tranformámonos en cociñeiros e cociñeiras e preparamos unhas galletas deliciosas cun producto moi propio do Outono, as cabazas!!!!

Os nenos e nenas da escola escribiron a receita para que podades saborear o outono como fixeron eles.

 

 

 

 

 

BO PROVEITO!!!!

 

Distribuir contido

Back to top