COVID

INFORMACIÓN COVID

Estimadas familias:

Dende o equipo Covid queremos informarvos que no caso de que os vosos fillos/as presenten algún dos síntomas compatibles coa Covid-19 (febre maior a 37´5ºC, tose seca, dificultades respiratorias, cansazo, dor muscular, falta de gusto ou olfacto, diarrea) tedes a obriga e responsabilidade de chamar ao teléfono 986 349 592 (Centro de Saúde de Salceda), indicando na chamada que é por mor do "protocolo Covid escolar" para que vos citen no propio día en pediatría e seguir as súas instrucións e recomendacións. Posteriormente informar ao centro escolar para levar un rexistro conxunto có centro de Saúde.

Este número de teléfono é só para aqueles nenos/as que teñen o seu pediatra en Salceda. Os residentes noutros concellos, ou que vivindo en Salceda teñen o médico noutro sitio, deben poñerse en contato co seu Centro de Saúde de refencia (onde o neno/a acude ao pediatra).

Grazas pola vosa colaboración

O equipo Covid

 

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE ACTUALIZADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Bo día,

Adxuntamos o novo modelo de declaración responsable actualizado pola xunta. Podedes descargalo premendo no documento adxunto que debedes entregar no centro seguindo as indicacións dos/as titores/titoras.

 

Moitas grazas pola colaboración.

Un saúdo.

 A Dirección.

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

in

COVID NO CURSO ESCOLAR 2020-21

in

Benvidos a este curso escolar 2020-21 marcado polas circunstancias creadas pola pandemia.

Neste aportado proporcionaremos recomendacións e normas de como actuar ante a mesma. Esperamos que vos sirva de axuda.

Un saúdo e moito ánimo.

O equipo Covid.

Distribuir contido

Back to top