DINAMIZACIÓN TICs

VIAXE POLO MAR

Bo día Familias!

Hoxe traémosvos un vídeo que é froito do traballo de todas as aulas do CRA Raíña Aragonta dentro do proxecto anual de centro dedicado este ano ao MAR.

Poderedes ver como as cativas e cativos das diferentes aulas representan algúns dos diversos animais mariños que estamos a traballar este ano.

Esperamos que vos guste.

Despedímonos desexándovos unha boa semana santa e que, dentro das limitacións que nos obriga a tomar o coronavirus, poidades gozar en familia deste tempo de vacacións.

Agardamos que todo pase pronto e que tod@s vós esteades ben de saúde.

Bicos para tod@s e moito ánimo que xa queda pouco para vernos!!

 

O equipo docente do CRA Raíña Aragonta.

 

Grazas Sanitarios

Grazas a implicación familiar, de nen@s e mestres que forman ou formaron parte da vida dos nen@s da miña aula puidemos facer este vídeo. A distancia non fará que nos separemos, estar na casa é a nosa responsabilidade. Voltaremos con mais forza e maior ilusión de vernos. Grazas Sanitarios pola vosa labor nestes días tan difíciles.

 

ENTROIDO 2020

CHEGOU O NOSO QUERIDÍSIMO ENTROIDO

 

Celebración do día da Paz 2020

Dende o equipo TICs elaboramos un pequeno vídeo do que resultou a actividade do día da Paz deste 2020, tendo coma base o mar que é o noso interese común para este curso 2019-2020.

 

 

MAGOSTO 2019

 
VIDEO RESUMO DO MAGOSTO NA SEDE DO CRA RAÍÑA ARAGONTA ONDE OS NENOS/AS O PASARON XENIAL
 
 
 

UNHA VIAXE POLA IGUALDADE

 
 
CANDO NOS XUNTAMOS OS/AS PROFES DO CRA RAÍÑA ARAGONTA TODO É POSIBLE... UNHA VIAXE POLA IGUALDADE, OURENSE-SALCEDA EN BICICLETA CUNHA CHEGADA DE LUXO.
 
GRAZAS AO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS E AO CLUB CICLISTA DE PONTEAREAS POLA COLABORACIÓN.
 
 
 
 
 

Commemoración día internacional da muller traballadora

Adxuntamos un pequeno vídeo que queremos compartir co resto da comunidade educativa no que queremos sensibilizar sobre a igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida.

Correndo pola igualdade

VIDEO QUE REFLEXA O TRABALLO DE VARIOS PROFES NA CARREIRA "CORRENDO X SALCEDA" NA QUE CORRIMOS POLA IGUALDADE BAIXO O LEMA "MESMA ILUSIÓN, MESMO ESFORZO, IGUAL RESULTADO"

 

DE OURENSE A SALCEDA.. (PASANDO POR PORTUGAL)

DE OURENSE A SALCEDA..SE TRABALLAMOS XUNTOS SOMOS CAPACES DE LOGRAR TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS, SOMOS DON@S DE SÍ

O TEMPO METEREOLÓXICO

varios dos nenos/as do CRA Raíña Aragonta participaron na gravación de "O tempo Metereolóxico" de Magin Blanco. Unha gran iniciativa onde os mais pequenos puideron desfrutar da experiencia de gravar nun estudio profesional. Grazas a participación dos mestres que se implicaron, sen eles non sería posible.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ag1blAq35Pg

 

Distribuir contido

Back to top