Mes de Marzo cargado de experiencias novas
Que hai familias?
Novo mes, e nova publicación. O mes de marzo foi un mes intenso, pero del... creo que nos quedamos con dúas cousas.
Por un lado, celebrámolo mes da muller, e como estamos aprendendo moitas cousas sobre arte, coñecemos a distintas mulleres referentes nas diferentes disciplinas artísticas.
Da man de Olga de Dios achegámonos á literatura e á ilustración. E intentamos crear as nosas propias personaxes de conto.
Con Louise Bourgeois coñecemos a escultura. Fíxonos moita gracia que a esta muller a chamaran "a muller araña" coma se de spiderman se tratase. E por suposto... emulamos as súas famosas "Maman"
Impresionámonos moitísimo co ballet clásico de Tamara Rojo, e evidentemente puxemos moitísimo empeño en bailar coma ela.
E estas son solo algunhas das mulleres que entraron na nosa aula, para achegarnos un pouco máis de arte. Pero resulta que neste mes, tamén se celebraba a semana da prensa, e grazas ás vosas achegas, conseguimos moitísimos xornais!! Sodes impresionantes familias.
Con estes xornais, ademais de valernos para buscar mulleres neles e ver porque saían neles, tamén xogamos. Xogamos moitiiiiiiiisimo con eles.
E ata aquí o noso mes de Marzo. En nada estaremos de vacacións de Semana Santa, recargando pilas e repoñendo ideas para seguir desfrutando todos xuntos mentres aprendemos moito.
Saúdos!!
- %count lecturas
Comentarios
Enviar un comentario novo