Novembro; mes da ciencia en galego

Boas familias!

 

Aquí estamos de novo, con algunha das actividades que fixemos ao longo do mes de Novembro. Coma podedes ver no título, Novembro, foi o mes da ciencia en galego. E Fedella e Artella, dúas coelliñas moi simpáticas, foron as encargadas de contárnolo. Podedes ver o seu vídeo no blogue da biblioteca. Premede aquí. 

 

 

Despois de ver o seu vídeo, decidimos que queriamos probar un dos seus experimentos, e intentamos facer esas eirugas tan simpáticas. Pero isto, non fixo máis que comezar. Entráronnos moitas ganas de facer experimentos e indagar con distintos materiais, así que as profes tivéronse que por as pilas para traernos máis cousas que facer. 

 

 

 

Os vasos comunicantes, máis que ciencia parecéronnos maxia. Como podía ser que a auga pasase  dun vaso a outro sen nada mais que unha palliña??

 

 

 

Con este experimentos encantounos descubrir o arco iris que se ía formando. Sorprendeunos que coa auga si que pasara e co leite non. Pero o que máis, máis, máis nos gustou... foi comer os lacasitos que nos sobraron, jajaja.

 

 

 

Este experimento da "Masa Non Newtoniana" si que nos encantou!! Xa sabedes que emporcar é o noso "deporte preferido", así que habendo que amasar e mancharse ben o éxito estaba asegurado. E sorprendémonos un montón cando comprobamos que mentre apretábamos a masa era como plastilina; pero que cando a deixábamos quieta derretíase e parecia como auga.

 

 

 

Pero sorprendente de verdade, foi cando inflamos un globo con vinagre e bicarbonato. Xa o pasamos ben enchendo o globo, a botella e demais preparativos, pero cando vimos o resultado... menudas caras de sorpresa!!

 

  

 

E con isto, demos por rematado o mes de Novembro e a ciencia. Chega o Nadal, e estamos traballando moitísimo, para darvos moitas sorpresas. Volvémonos a ler na publicación de Xaneiro.

 

Un sáudo a todas e todos e boas festas!!

 

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
3 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top