BOOK DAY

 

 

Today, we´re going to do an activity related to Book Day. On the other hand, this week Luz Pozo, a well-known galician writer, has died as you can see on the link http://www.crtvg.es/informativos/morre-luz-pozo One of her books is called Vida Secreta de Rosalía and here you can see a fragment. 

Hoxe imos facer unha actividade relacionada co día do libro. Por outra banda esta semana Luz Pozo, unha coñecida escritora galega, morreu como podedes ver na ligazón http://www.crtvg.es/informativos/morre-luz-pozo. Unha das súas obras chámase Vida Secreta de Rosalía e aquí podedes ver un fragmento 

(Na actividade tedes que colocar os materiais previamente e despois contarlles o conto. Na trascrición indícase como debedes facer)

 

CONTO

Rosalía está confinada na casa e non sabe que facer para mata-lo tempo. Xa está un pouco cansada! Entón decide imaxinar que sae da casa. Rosalía imaxina que está no monte e pode saltar e saltar de alegría, imaxina que pode facer rebolos coma os burros, que pode andar como os cans, etc. De repente, Rosalía escoita un son que pode ser a auga dun río e decide ir mirar. Descubre que é un río grande que se chama Miño e decide cruzalo por unha ponte. Na outra beira hai un país con moitas árbores e ten que pasar por túneles. Despois das árbores Rosalía olla moitos animais que están xogando entre eles. Olla lobos, cabalos, coellos, vacas, ovellas e outros moitos que pode imaxinar. Máis adiante olla un sol xigante que cada vez se aproxima máis a ela até que consegue collelo na man. Rosalía xoga con sol coma se fose unha pelota. Cóllea coas mans, cos pés, lánzaa, volve por ela e así toda a mañá. Rosalía xa pode dicir que hoxe saiu da casa

TRANSCRICIÓN

Rosalía decide saír da casa. Debemos abrir a porta e pechala simulando que saímos da casa. Despois no monte decide saltar; podemos colocar un distintivo no chan para que o neno salte dun lado a outro. Logo o neno debe facer a croqueta no chan coma os burros. O son da auga debe facerse coa billa do baño ou do fregadeiro. A ponte do río Miño pode facerse con cadeiras seguidas e o neno debe pasar por enriba, e os túneles do arboredo sería como pasar por debaixo das cadeiras. Logo ten que imitar o son dos animais e como se moven polo monte. Pódese facer tódolos os que nos peten. O sol represéntase cun balón que temos agochado por algún recucho da casa. Sempre podemos dar pistas para que os nenos entendan, sobre todo os de 3 anos.

Por certo!!!! Sabedes cal é o país ao que foi xogar Rosalía?

 

O venres saberédelo!!

 

Enjoy with Rosalía!

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
8 + 4 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top