Responder ó comentario
Yayoi Kusama para tod@s!!
Posted Xaneiro 27th, 2023 by profe16Ola familias!!
Arrincamos o trimestre con moito arte, como era de esperar, e é que estamos a coñecer a Yayoi Kusama unha artista de Xapón, que nos ten... loquiños!!
Comezamos vendo algún vídeo sobre a súa vida para coñecer un pouquiño sobre ela. E como era inevitable, a súa obra encantounos, polo que comezamos a buscar pola clase cousas que tivesen forma circular.
Despois estivemos varios días repasando e recortando círculos para preparar a nosa "habitación infinita".
E para repatar decoramos este novo recuncho, que forma parte dos nosos xogos.
Para rematar de decorar este espazo, tamén estivemos experimentando cos círculos sobre globos... menudo medo tiñamos a que explotasen!! E bueno... algún dos globos non chegou ao seu destino, pero volvémolo a intentar con moito coidadiño.
E para rematar, e que non se nos esqueza nada, imos recollendo pouco a pouco, algunhas das cousas que imos aprendendo.
Esperamos que vos teña gustado coñecer as nosas pequenas experiencias. Estaremos por aquí de volta o mes que ven!!
- %count lecturas