Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Equipo Directivo, Que é o CRA?, Contacto, Calendario escolar

Orientacións Provisionais para o Desenvolvemento do 3º trimestre

Estimadas familias :

A Consellería publicou unas orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre . Esas orientacións podedes consultalas no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

 

INFORMACIÓNS IMPORTANTES PARA ÁS FAMILIAS

SEGUNDA AVALIACIÓN.

 

A Consellería polo momento, mantén o calendario escolar, polo que a segunda avaliación levarase a cabo como estaba prevista.

Neste apartado é importante que teñades en conta os seguintes aspectos:

ü    Non serán avaliados os contidos tratados telematicamente.

ü    O referente da avaliación será o traballado ata o momento da suspensión das clases presenciais.

Tendo encontao anteriormente citado o día 3 de abril ás 17h. procederemosa entrega do boletín de notas. Debido ás circunstanciasespeciaisnasquenosatopamos,asfamiliaspoderánaccederásnotas coa aplicación AbalarMóbil daConselleríade Educación e Terán que ter descargada dita aplicación. Aquelasfamilias queaíndanonteñana aplicación, tedestodaainformación necesaria e os pasos a dar no documentoadxunto e na seguinte páxina https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ ou premendo na imaxe de abaixo.

 

As familias que teñades dificultades para usar a aplicación abalarMóbil, é conveniente que vos poñades en contacto con este centro educativo, vía correo electrónico cra.naron@edu.xunta.gal ou no teléfono de dirección 626 422 080, e intentaremos solventar as vosas dificultades. Ao longo da semana, iremos actualizando a base de datos para que todos/as poidades acceder a AbalarMóbil.

No caso de que non poidades facer uso da devandita aplicación, tedes a posibilidade de solicitar que se vos envíe o informe das calificacións dos vosos fillos/as, vía correo electrónico, pero deberedes identificaros enviando o voso DNI escaneado ou foto do mesmo.

 

SEMANA SANTA

Dado que o calendario escolar segue en vixencia, o 3 de abril comezarían as vacacións, reanudándose as clases o martes 14 de abril. Como sodes conscientes, as clases seguirán sendo virtuais mentres dende a administración, non decidan o contrario.

Dende a Consellería se está dotando de novas ferramentas a centros, familias e alumnado , para poder mellorar o proceso educativo dende a casa. De todas as  novidades seredes informados na medida das nosas posibilidades.

Durante a Semana Santa non se subirán materiais as diferentes aulas virtuais pero si se subirán ata o venres 3, para que teñan algo de traballo para eses días. Dende o Centro pídovos comprensión nestres difíciles momentos que estamos a vivir e nos que todos, familias, alumnos e profesores intentamos adaptarnos o mellor posible.

Todo o Claustro segue traballando para intentar que esta situación excepcional, repercuta o menos posible no noso alumnado.

Rogaría, para finalizar, que lle dérades a maior difusión posible a esta comunicación, entre as familias do centro, mediante grupos que poidades ter ou outros medios. É moi importante que esteamos ben comunicados centro e familias nesta complicada situación.

 

   Moito ánimo e recibide un cordal saúdo

          

                                           A dirección

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_mobil-familias_-galego.pdf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/guia-da-aplicacion-para-familias-abalarmobil

QUEDANACASA

CRISE SANITARIA COVID-19                   

Queridas familias :

O equipo directivo en nome de todo o profesorado do C.R.A. de Narón solidarízase a fai seus todos os esforzos que as familias, nais e pais, nenas e nenos e avoas e avos estamos a facer para conter o contaxio do Coronavirus.
Sumámonos ás peticións das autoridades de colaborar de xeito responsable neste esforzo de contención do Covid-19 quedándonos na casa e saír solo para realizar o indispensable e urxente.
Solidarízamonos e facemos nosa a grave preocupación das persoas e familias que por mor desta situación están a ver gravemente afectada a súa forma de vida e de sustento económico. Apoiamos e pedimos que as administracións teñan en conta estas situacións e axuden ás familias e persoas que nestes momentos non poden desenvolver o seu medio de vida.
Pedimos aos nosos alumnos e alumnas que se sumen de xeito responsable e solidario ao esforzo de toda a sociedade para conter esta alarma sanitaria provocada polo Covid-19.
E a pesares do peche necesario das instalacións escolares e a pesares da separación que esta situación nos impón cos nosos alumnos e alumnas imos utilizar esta web e os medios tecnolóxicos ao noso dispor para comunicar con vos , informar das posibles novidades e darvos ánimos e se é posible algún momento de lecer. Desexamos ser útiles e aportar o noso esforzo para que este confinamento que todos realizamos sexa  o máis breve e  levadeiro posible

                                      #QUEDANACASA

E. Primaria: levaron material xa para uns días que se ampliará se as titoras o consideran oportuno e a situación se prolonga, podedes atopalas dentro de Escolas--> Primaria, ou en Actividades e o curso correspondente ou ben na Aula Virtual.

E. Infantil: Habilitaramos  un espazo na páxina web, onde periodicamente colgaranse propostas de  tarefas. Que podedes atopar en Actividades, ou facendo clic aqui

 

Solicitudes de Admisión Curso 2020-21

   SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2020-21

Para presentar unha solicitude deberedes  seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.  Lembrade que con esta opción ,o traballo para o centro veríase reducido 

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberedes seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Sede do CRA de Narón ( San Xiao)
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Documentación:

Anexo II (galego)

Anexo II (castelán)

Vacantes 2020-21

Horarios de atención as familias

Cómo chegar a Sede

coordenadas:

43°31'50.0"N 8°09'53.5"W

43.530542, -8.164869

Cómo llegar con google maps:

https://www.google.es/maps/dir//43.530542,-8.164869/@43.530542,-8.1654162,170m/data=!3m1!1e3

Proceso de Admisión e Formalización de Matrícula para o Curso 2020-21

Aqui tedes o calendario para todo o proceso:

Do 1 ao 15 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación solicitudes de admisión a través da sede electrónica

(ata o 23 se o presentades no Sede do CRA)

Do 23 de marzo ao 3 de abril

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web)

Antes do 25 de abril

Publicación listaxes provisionais

5 días hábiles

Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

Prazo de 1 mes

Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación.

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da matrícula.

Documentos necesarios:

-3 fotos tamaño carnet

-Fotocopia cartilla Seguridade Social

-Fotocopia do libro de vacinas

Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida.

Proximamente iremos completando a información e poñendo a vosa disposición os formularios necesarios para os diferentes momentos do proceso.

Reserva de Praza para Centro Adscrito (CPI O Feal)

 

Dacordo coa Orde do 12 de marzo de 2013 , o alumnado que queira continuar os seus estudos no centro adscrito, o noso caso o CPI o Feal , deberá facer unha  solicitude de reserva.

O Procedemento  é o seguinte:

Podedes facer a solicitude de reserva  a través da aplicación  admisionalumnado

Seguindo a ruta:

                                Solicitudes – Reserva  - Crear.

Feito iso podededes optar por unha das dúas opcións:

Prazo de presentación  :  do 1 ao 17 de febreiro

Opcionalmente, pódese descargar en papel tanto na aplicación , como na páxina do cole  (anexo en galego ou anexo en castelán) ou solicitar unha copia á titora , para despois devolverlla  unha vez cuberta .

 

  • No caso de non querer continuar estudos no centro adscrito non tedes que facer nada neste prazo e tedes que esperar ao prazo normal de reserva de praza para facelo noutro centro ( do 1 ao 20 de marzo )

 

Se tedes alguna dúbida , poñédevos en contacto con nós  no   626 420 080

 

Nota: facendo click no texto azul podes ir as aplicacións ou descargar os formularios correspondentes.

Logotipo CRA

 Logotipo do Colexio Rural Agrupado, deseñado por Xaquín Marín.

Teléfonos e correo.

DIRECCIÓN 626 422 080 

XEFATURA DE ESTUDOS 696 920 229  

ESCOLA DE DOMIRÓN 696 920 440

ESCOLA DE O VAL 696 920 124 (Infantil) - 646 327 797 (Primaria)

ESCOLA DE SEDES 626 422 048

ORIENTACIÓN 696 920 190

 

SEDE. SAN XIAO: 881 93 03 66. Fax: 881 93 03 67       

Correo postal: CRA de Narón, San Xiao s/n, 15570 - Narón.  

Correo electrónico: cra.naron@edu.xunta.es

Distribuir contido