Celebracións

Celebración do entroido

 

No CRA celebramos o entroido na escola de Domirón, facendo unha xuntanza das tres escoliñas cun desfile polas rúas, acompañado das familias, e unha merenda con postres típicos do entroido. Pasámolo xenial!

Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes nesta xornada e nestas semanas de preparación!

 

ENTROIDO

Celebración do Nadal

 

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.

Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.

Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.

CRA de Narón Nadal 23/24

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE III)

Xa como final de celebración, acuden ao cole bruxas, gatiñ@s, esqueletes e demos para experimentar e manipular con pringues e apócemas nas bandexas sesoriais.

Pasárono terroríficamente ben. Canta motivación xeran os pringues ;-)

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE II)

Como lectura de Samaín, para axudar a afastar os medos, lemos o conto "Sacapenas" de Kalandraka, onde Bieito ten tantos medos que lle preocupan que non é quen de durmir. Para solucionar isto a súa avoa axúdalle a facer os bonecos sacapenas, típicos da cultura guatemalteca, que só con contarlle as súas preocupacións, axúdanlle a durmir ben.

Coa chegada da noite de Samaín, na Escola de Sedes aproveitamos para traballar a emoción do medo, falar sobre ela, identificala e expresala. Isto forma parte das actividades do Plan de benestar e do Programa Emociona-T.

Cada quen realizou o seu propio Sacapenas, escollendo cores, ensartando, atando e peinando.
Xa podemos durmir ben porque co noso Sacapenas..., fora medos!!!

 

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE I)

Como xa é tradición na nosa Escola, adicamos unha xornada ao vaciado e decoración de cabazas coas familias de Sedes e os nenos e nenas que marcharon para Primaria. 

Emocionantes reencontros, xogo e merendola para dar a benvida á nova estación. E por suposto... terroríficas cabazas!!!.

 

VIDEO CELEBRACIÓN DO NADAL!

QUEREMOS MOSTRARVOS UN ANAQUIÑO DO NADAL NO CRA DE NARON!

Cantiga para o Día da Paz

Esta é a cantiga que eleximos para festexar o día da Paz, se queredes podedes practicala na casa...

 

E aqui a tendes en lingua de signos...

Postal de Nadal 2020

Aqui tedes a nosa Postal, este ano é un collage con todos os regalos que fixemos entre todas as aulas do CRA, a ver se atopades a vosa!!!

 

Pinchando aqui podedes descargar a postal en formato pdf para enviala a familiares e amigos/as.

Bo Nadal e Felices Festas!!!

Panxoliña 2020

 

   Neste ano non puidemos xuntarnos para cantar a Panxoliña de todos os anos, pero as tecnoloxías permitíronnos facelo de todolos xeitos. Aquí tedes o resultado:

Panxoliña 2020 (ver)

Panxoliña 2020 (descargar)

 

Esperamos que vos guste e recordade que para vela ou descargala precisades o voso usuario e contrasinal da Aula Virtual.

 

Un Magosto Diferente....

Neste curso diferente...moi diferente, as celebracións tamén son diferentes, mais non deixamos de intentar que sexan o máis divertidas e participativas, que as medidas nos permiten...para ver como foi o Magosto de este ano pinchade na imaxe. Esperamos que vos guste...

Distribuir contido