Equipo Dinamización da Lingua Galega
ADIANTE 36
Xa podedes desfrutar do último número da nosa revista escolar ADIANTE. Na súa edición 36, recolle os traballos feitos polo alumnado do noso CRA, desde Infantil a Primaria, arredor do Proxecto do Mar. Desexamos que pasedes un bo verán lendo a nosa revista!.
INTERCENTROS 2024
Este ano seguindo a temática do noso proxecto "Mar aberto" elaboráronse os murais para o XXXIII certame intercentros do concello escollendo cada clase un animal mariño que representou con diferentes técnicas plásticas.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
No CRA celebramos o día de Rosalía de Castro en todas as escolas.
Ollade o vídeo para saber máis!
XORNAL ADIANTE 23
Un ano máis achegamos o xornal Adiante, creado con agarimo polo alumnado do CRA.
Desta vez optamos polo formato dixital por dous motivos: o plan de dixitalización que estamo a levar a cabo no centro, e, o encarecemento dos materiais de papel impreso que xa leva tempo sen ser acorde co noso orzamento.
Deste xeito convertímonos tamén en coidadores do medio ambiente minimizando o uso de papel.
Tan bonito e interesante coma sempre, para que desfrutedes como nunca!
INTERCENTROS 2023
Esta semana tivo lugar o XXXII Certame Intercentros Concello de Narón.
O CRA participou na súa totalidade na modalidade de murais , facendo cada aula unha representación de diferentes "Recantos con encanto" da nosa contorna máis próxima, empregando diversas técnicas plásticas
SEDES O VAL (4º EI).
O VAL ( 5º EI) O VAL ( 6º EI)
O VAL (1º EP) O VAL (2º EP)
O VAL (3º EP) O VAL (4ºEP)
DOMIRÓN ( 4º EI) DOMIRÓN (5º EI) DOMIRÓN (6ºEI)
E tamén participou na parte de expresión oral coas seguintes actuacións: tres cancións e dous poemas dramatizados.
Non vos perdades a estes grandes artistas do CRA no escenario do Pazo da Cultura, bravo por todos eles!!
DÍA DE ROSALÍA 2023
O día 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía, para iso, retrocedemos aos nosos antepasados para recrear como era o mobiliario e como vestían nos tempos desta autora. Foi moi divertido tanto o proceso da actividade como logo ver o resultado nestas fotos tan bonitas. A ver que opinades vós, non deixedes de velas!
INTERCENTROS 2022
Estos foron os murais cos que participamos na exposición de Intercentros, cada unha das aulas fixo a súa representación plástica baixo o lema " Recitado ben falado"
SEDES DOMIRÓN 4º E.I.
DOMIRÓN 5º E.I. DOMIRÓN 6ºE.I.
O VAL 4º E.I. O VAL 5º E.I.
O VAL 6º E.I. O VAL 1º E.P.
O VAL 2º E.P. O VAL 3º E.P.
O VAL 4º E.P.
DÍA DE ROSALÍA 2022
Este ano celebramos o día de Rosalía en tódalas escolas do CRA, cunha actividade que denominamos: Rosalía na rúa, traballamos na aula diferentes poemas ou frases da autora e despois plasmámolas nunha tea que colgamos na rúa, ben en mobiliario urbano ou nas cancelas das escolas. Tamén se fixeron recitados dos poemas e plantación de pensamentos que era a flor preferida da escritora. Aí tedes un vídeo coa mostra dalgúns momentos do día.
Revista Adiante nº32 2021