O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

Escola de Sedes

A unitaria de Sedes tén dúas plantas: a superior utilízase para as actividades de E. Infantil, a inferior como aula de usos múltiples.

 

A escola de Castro

É un edificio de dúas plantas; abaixo funciona a aula de educación infantil. A aula da primeira pranta emprégase como aula de usos múltiples. O espazo exterior ten unha zona de xogo infantil. Tamén dispón dun espazo cuberto  que se utiliza para dar clase de Educación Física e como patio de xogos.

A escola de Castro está pechada neste curso 2017-18, gustaríanos que volvese a abrir se houbese o número de alumnos/as necesario para tramitar de novo a apertura.

A escola de Pedroso

A Escola de Pedroso é un edificio con catro aulas. A aula de Educación Infantil, abaixo, emprega a aula anexa como zona de xogos. A de Primaria, enriba, comparte a planta cunha sala de usos múltiples.

 

 

A escola de Pedroso

A Escola de O Val

A escola tén dous edificios: o de Infantil (con tres grupos: 3, 4 e 5 anos) e o de Primaria (catro aulas, de 1º a 4º). Un ximnasio e un amplio patio de recreo completan as instalacións.
Ver situación


Escola O Val

A Escola de O Val

A escola de San Mateo.

 

 A escola é un edificio de dúas plantas cun amplio patio pechado, que conta cunha zona de xogo infantil. Abaixo, á esquerda, consta dunha aula. Á dereita unha aula de especialidades, os aseos e un despacho.

A escola de San Mateo tén, a pesar do seu carácter rural, todos os medios materiais (ordenador, pizarra dixital... ) e humanos (o profesorado especialista do CRA) para un ensino de calidade, coma o resto de escolas do CRA de Narón.

Enderezo:  Aldea Trasancos, s/n. 15578 - Narón.

Tlf.: 626 422 048.

Neste curso dita escola permanecerá pechada.

FESTA DA AUGA

                                       FESTA   DA    AUGA    

                                               

 

COMO REMATE FINAL DESTE CURSO, CELEBRAMOS A FESTA DA AUGA. AINDA QUE O TEMPO NON NOS ACOMPAÑAU MOITO NON DEIXAMOS DE DESFRUTAR DE TODOS OS XOGOS DE AUGA PREPARADOS. UNS VESTIDOS ,E OUTROS, OS MÁIS ATREVIDOS DA CLASE DOS MAIORES ATA DECIDIRON QUEDARSE EN BAÑADOR. 

DUN XEITO OU DOUTRO O IMPORTANTE E QUE OS PEQUES DESFRUTARON UN MONTÓN DA EXPERIENCIA, COMEZANDO CON TIMIDEZ E INVESTIGANDO CADA ESPAZO ATA REMATAR CUNHA GUERRA DE PISTOLAS DE AUGA ONDE, POR SUPOSTO, AS MESTRAS NON SE LIBRARON DA MOLLADURA!!!

NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEDES VER UN RESUMO DA FESTA DA AUGA DE CADA UNHA DAS AULAS: 

 

                                                     

               

 

                                                    

 

 

                                                    

 

                 E AGORA TOCA DESCANSAR NO VERÁN, RECARGAR PILAS E VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!

 

     E PARA OS QUE LLES TOCA CAMBIAR DE COLE QUE TEÑADES MOITA SORTE NA NOVA ETAPA, BOTARÉMOSVOS MOITO                                    DE MENOS E ESPERAMOS QUE VEÑADES ALGÚN DÍA DE VISITA. 

 

        AS MESTRAS DESÉXANVOS FELICES VACACIÓNS A TODAS AS FAMILIAS DOMIRONAS!

 

 

CUMPLES XUÑO

O curso chega ao seu fin, e o último día de cole non só celebramos os cumples dos nenos e nenas que cumplen en xuño senón que tamén festexamos os dos que cumplen no verán. 

                                  MOITOS PARABÉNS E UNHA APERTA DE OSO PARA TOD@S!!

 

            ENZO                                    NOA                                    CELIA

                

  

                         ENZO                                  ESTER                                   LEO

                               

  

 

          NOA                           XIANA                         MATEO

                       

                                                      DANIELA

                                            

DESPEDIDA DOS COELLIÑOS

No mes de maio chegaron ao noso cole dúas novas mascotas: MANCHITAS E SALTARÍN. Os nomes foron escollidos polo noso alumnado. Cada día era unha clase a encargada de coidalos: limpándolle a súa casiña (coa axuda das profes), dándolles comidiña e pasando un ratiño con eles. 

        

 

        

        

      MOITAS GRAZAS POR TODA A COMIDIÑA QUE LLES TROUXESTEDES!!

 

Estes coelliños deixábanse querer e por iso algúns nenos quedaron un pouco tristes o día da despedida, pero non vos precupedes que foron para unha casiña onde os van coidar moi ben. 

        

        

        

        

 

                                           

9 MESES 9 CONTOS : O XARDÍN DE IRENE

DENTRO DO PROGRAMA 9 MESES 9 CONTOS, NA ESCOLA DE SEDES, TRABALLAMOS ESTE BONITO POEMARIO DE NEIRA VILAS ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS.

APROVEITAMOS A TEMÁTICA DE FLORES E NATUREZA PARA SAIR A RECOLLER FLORES E FACER OS NOSOS PROPIOS XARDÍNS TAN BONITOS COMO CREATIVOS.

ENCÁNTANOS AS FLORES, PERO CASE QUE NOS ENCANTA MÁIS SAIR..

Distribuir contido